Deportes - 20 Decembro 2009
O fútbol español e a política sempre camiñaron da man e, agora, máis que nunca. Esa é a tese da web deportiva Goal que analiza a politización do deporte do balón en España e a súa relación coas distintas linguas e culturas do estado e vincula os distintos equipos coa defensa de nacionalismos ou centralismos.
Deportes - 17 Decembro 2009
O presidente da Xunta repetiu hoxe, ata en tres ocasións, o compromiso do seu goberno en apoiar o deporte de élite, aínda que a primeira convocatoria de axudas do seu executivo teña deixado sen subvencións a deportistas coma Carlos Paz, Celso Míguez, Fernando Echevarri, Javier Gómez Noya ou Eva Castro.
Deportes - 17 Decembro 2009
Nin Carlos Paz, nin Celso Míguez, nin Fernando Echevarri, nin Javier Gómez Noya, nin Eva Castro... Ningún destes deportista de élite conta con subvención da Xunta este ano.
Deportes - 14 Decembro 2009
Os xogadores do combinado galego de fútbol queren xogar un novo partido. Son xa unha gran familia e disfrutan xogando. Acudirían gustosos a unha nova chamada da federación e ven motivos políticos na decisión de suprimir o encontro deste ano.
Deportes - 03 Decembro 2009
No programa 'El aprendiz' de La Sexta levan algúns días dándolle volta a unha campaña de márketing para "vender" o Deportivo. Houbo propostas varias; un cuasi-esquelete co lema 'El Depor se lleva por dentro' que non gustou ao xefe de Relacións Públicas do clube ou o eslogan "Me llamo Deportivo, me apellido Coruña". Parece que o lema dos siareiros deportivistas está claro: 'Vigo no'. Podes velo aquí.
Deportes - 01 Decembro 2009
Un directivo da Federación Internacional de Remo estivo en Castrelo de Miño, acompañado pola dirección da Federación española e galega de remo, para supervisar as instalacións deportivas deste concello e dar a súa aprobación a celebración da Copa da Xuventude en 2012...
Deportes - 24 Novembro 2009
A Selección Española de Natación Sincronizada visitará a cidade de Pontevedra na última quincena do mes de decembro. Durante a súa estancia na cidade do Lerez realizarán unha exhibición na piscina de Ponte Muíños en colaboración coa Fundación Rías do Sur, como a que fixeron no mes de marzo de 2008, cando a selección visitou tamén Pontevedra.
Deportes - 20 Novembro 2009
Baloncesto e fútbol sala acaparan as maiores axudas da Secretaría Xeral para o Deporte este ano. Así, e aínda que a Prone Lugo Asociación Deportiva, de fútbol sala, será a máis subvencionada con case 100.000 euros, o certo que son as entidades relacionadas co baloncesto as que máis axudas levan, con cantidades que superan, en moitas ocasións, os 20.000 euros. Tamén o hockey sobre herba e o voleivol saen beneficiadas nesta convocatoria. Podes ver a relación das axudas aquí.
Deportes - 04 Novembro 2009
Remítennos un vídeo dun ovetense que se "infiltra" entre os siareiros do Deportivo durante o partido que este equipo disputou en Valladolid. Máis en pepinonews.
Deportes - 27 Maio 2009
Unha comisión da Liga Nacional de Billarda (LNB) reuniuse co novo Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, para reclamar apoio e recoñecemento oficial para este xogo popular. Máis aquí.
Deportes - 01 Xullo 2008
Última entrevista ao mexicano Omar Bravo antes da súa incorporación ao Deportivo. Ver aquí.
Deportes - 24 Abril 2007
A Xunta destaca que o equipo informativo de Deportes da TVG foi o que decidiu incluir unha videoconferencia do presidente Emilio Pérez Touriño co ciclista Óscar Pereiro, tras acadar éste o segundo posto no Tour 2006...
Deportes - 21 Marzo 2007
O xogador do Deportivo, Sebastian Taborda, insultou e agrediu hoxe ao xornalista do DXT, Armando Palleiro, tras pedirlle explicación por un artigo no que o criticaba. O SXG condenou xa esta penosa e incomprensible agresión que non é a primeira que se produce no deporte galego.
Deportes - 27 Novembro 2006
O ex alcalde, actual concelleiro e candidado do Partido Galegista á alcaldía de Vigo, Manoel Soto, fixo gala onte dunha nova faceta, a de comentarista deportivo. Foi durante o partido do Celta contra o Zaragoza...
Deportes - 15 Novembro 2006
Hai uns días recibimos un correo dos siareiros célticos que se queixan da actitude das forzas da orde por "tirar as bandeiras galegas ó lixo" durante o partido que enfrontou o equipo vigués e ó Real Madrid hai uns días...
Deportes - 17 Outubro 2006
O pasado 12 de outubro cumpriuse o 50 aniversario do Deportivo Español, un clube de fútbol de Bos Aires fundado por emigrantes, moitos deles galegos, que chegou a tutear ós grandes clubes arxentinos como Boca ou River....
Deportes - 09 Maio 2006
Remitennos un artigo sobre a traxectoria do UD Lavacolla, que entrou na historia do fútbol galego ó conseguir en 32 partidos; 31 victorias, un empate, 100 goles a favor e menos de 20 en contra....
Deportes - 15 Marzo 2006
Un lector remitenos un artigo de opinión sobre a situación do futbolista do Celta, Everton Giovannella. "Asistimos estes días a un aldraxante ataque á dignidade dun dos nosos, e no fondo, de todos nós. A sentenza contra o futbolista Giovanella non só o ataca a el, tamén o fai ao Celta, á súa afección, á cidade de Vigo e, por extensión, a todos os galegos en xeral. Son da opinión de que non debemos ficar calados e temos que levantar a voz. Como lector habitual, decidín enviarvos un artigo de opinión, que, se tedes a ben publicar, considero que evitaría que se puidera cualificar a GC de pasivo neste caso".