Deportes - 17 Outubro 2006
O pasado 12 de outubro cumpriuse o 50 aniversario do Deportivo Español, un clube de fútbol de Bos Aires fundado por emigrantes, moitos deles galegos, que chegou a tutear ós grandes clubes arxentinos como Boca ou River....
Deportes - 09 Maio 2006
Remitennos un artigo sobre a traxectoria do UD Lavacolla, que entrou na historia do fútbol galego ó conseguir en 32 partidos; 31 victorias, un empate, 100 goles a favor e menos de 20 en contra....
Deportes - 15 Marzo 2006
Un lector remitenos un artigo de opinión sobre a situación do futbolista do Celta, Everton Giovannella. "Asistimos estes días a un aldraxante ataque á dignidade dun dos nosos, e no fondo, de todos nós. A sentenza contra o futbolista Giovanella non só o ataca a el, tamén o fai ao Celta, á súa afección, á cidade de Vigo e, por extensión, a todos os galegos en xeral. Son da opinión de que non debemos ficar calados e temos que levantar a voz. Como lector habitual, decidín enviarvos un artigo de opinión, que, se tedes a ben publicar, considero que evitaría que se puidera cualificar a GC de pasivo neste caso".
Deportes - 06 Marzo 2006
Tanto Djuro Ostojic coma Howard Brown foron os principais artífices da victoria do Breogán, especialmente o norteamericano, que comeza a ser a alma do equipo, coma no seu día Bell. Pero os dous teñen ofertas tentadoras para deixar Lugo a vindeira tempada. Brown xa foi tentado polo Forum
Deportes - 06 Marzo 2006
A lesión de Andrade non é unha boa noticia nin para el nin para o clube. O portugués vai perder o mundial, unha moi boa oportunidade para revalorizarse, xa que o Deportivo pensaba vendelo despois do verán a un prezo de 15 millóns de euros. Unha situación semellante a de Duscher, por quen puxa tanto o West Ham coma o Manchester, e que pode saír da Coruña por preto de 12 millóns de euros.
Deportes - 06 Marzo 2006
Nin a Vázquez nin a Horacio lles gustou nada o desplante do chileno Pablo Contreras. O propio adestrador deulle permiso para ir a xogar un amistoso coa sua selección o mércores, pero coa condición de que estivera en Vigo o sábado. Non foi así e Vázquez decidiu castigalo coa suplencia. Unha situación que se pode alongar no tempo porque non é a primeira vez que Contreras comete indisciplinas. O seu sustituto, Manuel Lequi, fixo onte un gran partido.
Deportes - 06 Marzo 2006
Non gustou nada na Federación Galega de Piragüismo a ausencia de David Cal no campionato galego deste deporte que se celebrou o domingo. O deportista de Cangas alegou que quere centrarse no seu adestramento para loitar polo ouro nas Olimpiadas de China.
Deportes - 27 Febreiro 2006
A elección do xogador do Breogán Javi Rodríguez como mellor baloncestista galego masculino do 2005 non convenceu a moitos no mundo do basket. Hai quen defende a capa e espada a Fran Vázquez, seleccionado para a NBA a pasada tempada e afirman que o do base porriñés do Breogán é un "premio" a súa costancia e tenacidade pola lesión que sufriu o ano pasado. O premio será entregado o vindeiro 24 na gala Basketgal 06.
Deportes - 27 Febreiro 2006
Non é a primeira vez que se fala sobre o futuro de Caparrós. O adestrador do Deportivo está contento na Coruña pero quere un equipo solvente e un proxecto de futuro. Para iso fan falla cartos e Lendoiro non está disposto, polo momento, a soltar máis diñeiro. O andaluz xa deu a súa opinión ó respecto e non quere un equipo de descartes. A pesar de que El Mundo Deportivo o teña considerado como adestrador do ano, o seu futuro na Coruña non está aínda claro.
Deportes - 27 Febreiro 2006
A tensión que se vive en Ferrol ameaza con estoupar. Ó malestar da afección súmase agora unha parte dos accionistas que están a presionar a Isidro Silveira para que prescinda do adestrado Juan Veiga.
Deportes - 27 Febreiro 2006
O partido do Celta amosou duas cousas, as boas maneiras que apunta o holandés Dani de Ridder e o bo a ambiente da plantilla, agás excepcións, entre elas, o arxentino Placente, incómodo con algúns dos seus compañeiros por rumores sobre a súa vida privada. Vázquez está convencido de que este equipo pode chegar algo na Liga e así llo transmitiu ós seus xogadores.
Deportes - 20 Febreiro 2006
A recuperación de Valerón vai para longo. O deportivista non quere forzar a súa máquina e prefire "ir con calma" nos seus exercicios de recuperación. Está sorprendido pola pouca eficacia do equipo en Riazor e advirte ós seus compañeiros que non se "osesionen" no seu campo. Para o canario, o máis importante para o clube é "centrarse" na Copa do Rei.
Deportes - 20 Febreiro 2006
A noite viguesa está causando estragos entre algúns xogadores celestes, sobre todo, entre as fichaxes deste ano. No clube están pensando en tomar medidas serias ante estas "saídas nocturnas". O propio Vázquez, coñecedor desta situación, decidiu castigar a algún dos seus coa suplencia.
Deportes - 20 Febreiro 2006
Hoxe é o primeiro aniversario de www.celtacampion.com. Dende este medio trasmitimoslle os nosos parabéns.
Deportes - 20 Febreiro 2006
O deportista de Triatlón, Javier Gómez Noya, quere acadar un posto de honra na vindeira competición tras a restitución por parte da Federación de Atletismo da súa licencia federativa. O campión mundial sub 23 en 2003 e oitavo no campeonato absoluto de Madeira, en maio de 2005, quere resarcirse cun metal dos malos momentos que lle fixo pasar a federación e demostrar o seu alto nivel de competición.
Deportes - 13 Febreiro 2006
Horacio Gómez está disposto a renovarlle o contrato ó adestrador do Celta, Fernando Vázquez. Unha posibilidade que xa adiantou o director deportivo do Celta, Felix Carnero, aínda que no clube queren agardar a finais da tempada para mover ficha. Quen o ten máis difícil é Gustavo López, que xa comentou que quere retirarse no Celta.
Deportes - 13 Febreiro 2006
O Breogán ten xa unha nova estrela, Gerald Brown. O base norteamericano é un dos principais piares do equipo galego logo de adaptarse perfectamente ó xogo do Breogán e foi un dos principais activos para a contundente victoria contra o Pamesa. Hai moitos en Lugo que xa o comezan a comparar con Charlie Bell.
Deportes - 13 Febreiro 2006
Non son poucos os siareiros que critican as fichaxes de Arizmendi e Gallardo polo Deportivo da Coruña a pesar de ser presentadas como "gangas". Piden revulsivos con capacidade goleadora e comparan os dous millóns que custaron co millóns que pagou o Betis por Robert e Tardelli, con máis proxección futbolística.
Deportes - 06 Febreiro 2006
A situación do Racing de Ferrol é explosiva. O divorcio entre a directiva do clube e a afeción é cada vez maior e ameaza con crear unha división insalvable, sobre todo tras os malos resultados do clube. Na Malata podíanse ver estes días pintadas contra o presidente, Isidro Silveira, e as fichaxes de varios xogadores franceses; "Fichais mercenarios, dais la espalada a la afición... Luego preguntaros por qué cada año somos menos", "Silveira: + Nachos y - gabachos", "Silveira: eres el cáncer del racinguismo".
Deportes - 06 Febreiro 2006
Comentase que os vampiros da Federación pasaron hai un días por Balaídos para facerlle as probas a 10 xogadores celestes. Esta inspección coincidiu con outra que a UEFA lle fixo ó Villareal.