Deportes - 19 Setembro 2005
Fernándo Vázquez está medio cabreado con Javi Guerrero por algúns paseos nocturnos do xogador. Segundo nos teñen comentado, alguén lle contou ó adestrador celeste que viran o dianteiro vigués acompañado por dous xogadores do Deportivo, ex compañeiros seus e algún deles moi acostumado á noite, nun coñecido local de Vigo a altas horas da madrugada. Isto tería provocado, segundo fontes do clube, que Vázquez decidira castigar a Guerrero coa suplencia. Nembargantes, parece que o problema entre ambolos dous está xa solucionado tras unha longa conversa.
Deportes - 12 Setembro 2005
Non lle gustou nada de nada ó adestrador do Real Madrid que o seu equipo perdera na casa. Tal foi a súa indignación que mesmo agasallou a Fernando Vázquez cun corte de manga en toda regra. Un feito que captaron as cámaras da TVG e que algún siareiro baixou á rede. Vai a http://www.megaupload.com/?d=32ZTVI77. Tampouco lle gustou á prensa da capital do Estado que, por primeira vez en moito tempo, o Madrid teña perdido por erros arbitrais. Así, que a culpa da súa derrota foi do árbitro, pero en ningún caso, polo xogo do equipo da capital. Por outra parte, a afeción comeza a disfrutar co Celta e, sobre todo, volveu recuperar a confianza no seu adestrador.
Deportes - 12 Setembro 2005
Tamén o Deportivo sufriu da medicina da prensa de Madrid, especialmente dos diarios deportivos, que criticaron a dureza do xogo dos galegos e a celebración da victoria. Caparrós confía en Capdevilla e Munitis para darlle solvencia ó equipo en detrimento de Tristán, que non acaba de convencelo.
Deportes - 05 Setembro 2005
A Agencia Española de Protección de Datos podería actuar de oficio e denunciar ao Depor Sport, e por extensión á dirección do Deportivo, por publicar o contrato do xogador Fran, xogador que mantén aberto un fornte xudicial contra o presidente Cesar Lendoiro por impago. Por certo, Lendoiro acudiu ao partido do Fabril, o filial deportivista que gañou ó Portonovo e xa leva seis puntos en dous partidos. É unha das poucas veces en moito tempo que o presidente deportivista se deixa ver cos canteiráns.
Deportes - 05 Setembro 2005
El Celta B segue imparable, como na pasada tempada, e xa ten unha nova estrela; Yavhé. Este extremo, procedente do Atlético Arteixo leva xa catro goles en dous partidos. Por outro lado, o clube celtiña homenaxeou o pasado venres a Hermidita, máximo goleador da historia do equipo e ó ex-masaxista do clube, Alvarito, falecido hai uns días.
Deportes - 06 Xullo 2005
O uruguaio Walter Pandiani non quere voltar ó Depor. A pesares de que o prazo do clube para atopar unha solución remata hoxe, aínda non houbo unha oferta razonable polo xogador, cedido dende o pasado mes de febreiro no Birmingham inglés...
Deportes - 06 Xullo 2005
"Hay jugadores que jamas volverán a vestir la camiseta del Racing porque han pasado cosas muy fuertes", dixo hai poucos días o presidente do Racing de Ferrol, Isidro Silveira, mentres o clube desbotaba a Alberto, Gorka Soria, Juanlu, Franch ou Sito para a vindeira tempada. ¿Que aconteceu neste clube?....
Deportes - 13 Xuño 2005
Tras a derrota ante o Eibar, ao Celta póñenselle as cousas moi costa arriba, xa que terá que gañar o último partido de Liga se quere ir a Primeira. O que pasa en Vigo non ten nin nome nin explicación, perto tanto o clube como as peñas comezan a mover pezas.
Deportes - 08 Xuño 2005
No Sur de Galicia extendeuse o rumor de que foi un medio de comunicación de A Coruña o que deu o chivatazo ao Recreativo de Huelva sobre o aliñamento indebido no Celta. Este asunto ten mosquedada a toda a cidade de Vigo e non polo despiste, senon pola "mala fe" co que algúns equipos que loitan polo ascenso queren conseguir nos despachos o que non consiguen nos terreos de xogo.
Deportes - 06 Xuño 2005
A grande estrela da liga escocesa, o galego Nacho Novo, podería acabar nun equipo galego a vindeira tempada. Son dous os equipos do país que xa se interesaron polo xogador ferrolán, líder indiscutible dos Glasgow Rangers. Pero, por agora, o que hai son contactos y non promesas en firme, por iso o galego prefire continuar en Escocia.
Deportes - 06 Xuño 2005
Sen lugar a dubidas o heroe deste Celta é o seu adestrador, Fernando Vázquez, que chegou ó clube celeste sen facer moito ruido e acadou un obxectivo difícil nunha das ligas máis competitivas do Estado. O de Castrofeito probará, agora, sorte en Primeira e quere contar coa espiña dorsal do equipo do ascenso, incluido Giovanella e Gustavo López.
Deportes - 31 Maio 2005
O xornal deportivo Deporsport pode ter os días contados. Sport pechará a súa sucursa da Coruña a vindeira tempada se os resultados son como os que está tendo nos últimos meses. Este diario deportivo non vende máis de 800 exemplares e iso é moi pouco para manter a un xornal desas características. A mala actuación do equipo coruñés durante esta tempada tampouco axudou ao medre dese xornal. Dende a dirección da empresa catalana agardan que o Depor volva ser Super na vindeira campaña. Pero se as contas non melloran sustancialmente, Sport pechará definitivamente as portas en Galicia.
Deportes - 23 Maio 2005
O Breo busca recambios para Charlie Bell, quen vai probar sorte nos previos da NBA. O clube baralla nomes do Barça, do Estudiantes e do Joventut. Na directiva lucense están convencidos de que os millóns que van recibir polo norteamericano chegarán para facer duas boas adquisicións.
Deportes - 23 Maio 2005
A Jabo Irureta non lle gustou nada a homenaxe que a afección lle rendiu a Mauro Silva e Fran. Considera que desviou a atención do partido de onte e pensa que tivo algo que ver na derrota do equipo. Na rolda de prensa mordeuse a língua para non dicir algunha das cousas que pensaba, aínda que é consciente do aprecio que a afección lle ten a estes dous xogadores. Tampouco Lendoiro estivo cómodo co calor que os deportivistas amosaron por estes históricos xogadores, especialmente por Fran.
Deportes - 23 Maio 2005
Na directiva do Racing hai certa preocupación porque necesitan un novo equipo para xogar en Segunda o próximo ano. Do actual equipo titular só seis xogadores están atados aínda ó clube. Silveira xa se puxo en contacto cos representantes dalgúns carrileiros da Segunda, e tantea a algúns de Primeira.
Deportes - 23 Maio 2005
A terceira derrota consecutiva do Celta pode traer graves problemas para o equipo vigués. Na directiva do clube xa se fala de crise logo de perder con tres equipos da parte baixa da táboa. Horacio Gómez e Fernando Vázquez reuniránse nas próximas horas para analizar a marcha do Celta e buscar solucións de emerxencia. Agora xa non conta quedar como campións de Segunda senon o ascenso.
Deportes - 23 Maio 2005
A felicidade de Mirón foi evidente tras a victoria do Pontevedra sobre o Celta. Nembargantes o equipo granate ten difícil o ascenso, xa que vai último a cinco puntos da salvación. Pero o presidente pontevedrés ten, agora, problemas moito máis importantes. A conversión do clube en sociedade anónima non vai como se esperaba e necesitase unha inxección económica importante para conseguir este obxectivo. Nino Mirón leva uns días sondeando a un grupo de empresarios de Pontevedra para involucralos no futuro proxecto do equipo.
Deportes - 09 Maio 2005
Fernando Vázquez fixo cura de humildade cos seus xogadores tras a derrota en Tenerife. No vestiario tivo apelativos para a plantilla como "aplatanados, irreconocibles o imprecisos". Vázquez advertiu que, a pesares de ir primeiros e cun colchón de puntos, agora non é momento de "durmirse nos loureiros". Os xogadores aceptaron a pequena bronca e se comprometeron a gañar os partidos que quedan.
Deportes - 09 Maio 2005
O actual adestrador do Ourense, Milo Abelleira, podería recalar no Pontevedra se este clube descende a Segunda B. Abelleira non quixo renovar por tres tempadas máis como lle ofreceu o equipo das Burgas o pasado decembro. Os afecionados ourensanos xa o dan por feito, pero alertan ós seus colegas pontevedres; "Con este señor cada partido vai ser de infarto e de moito sufrimento".
Deportes - 09 Maio 2005
As contas da directiva coruñesa non dan para armar un equipo como aquel 'Super Depor' que asombrou a Europa. A viaxe de Lendoiro a Inglaterra non resultou coma el tiña pensado, e a caixa do clube está vacía. No Deportivo están convencidos de que a próxima tempada necesitan unha total renovación de xogadores e de adestrador, pero tamén son conscientes de que hai que ir moi de vagar porque a cousa non da para máis. Non se agardan grandes craks para o vindeiro ano. O único obxectivo por agora é entrar na Intertoto.