Deportes - 09 Maio 2005
Isidro Silveira xa pensa no futuro do Racing en Segunda A. O seu primeiro obxectivo está en amarrar a Mario Bermejo, polo que tamén está interesado o Celta e algún equipo importante de Primeira. Pero o xogador cántabro, tras unha moi boa tempada, pensa en recalar nun clube grande.
Deportes - 02 Maio 2005
Fernando Vázquez está pensando no equipo do futuro. O adestrador do Celta vai probar xogadores canteiráns de aquí ó final da Liga, como aconteceu onte con Toni Moral. A intención do de Castrofeito é contar coa canteira para o vindeiro ano, algo do que xa ten dado boas mostras nos últimos meses. Vázquez tamén baralla os nomes de dous dianteiros extranxeiros que xogan en equipos de Primeira, un deles un 'crack' arxentino. O problema, ata o de agora son os cartos que fan falla para mercalo.
Deportes - 02 Maio 2005
A derrota do Pontevedra en Xixón condena a este equipo á Segunda División. A afeción xa o ten asumido e o único que pide é un equipo competitivo para dentro de ano e medio estar en Segunda, novamente. Pero o clube pode ter un problema nos vindeiros meses se non cumple as expectativas depositadas na súa transformación a Sociedade Anónima. As cousas, polo momento, non andan nada ben e Mirón non lle dan as contas.
Deportes - 02 Maio 2005
O adestrador deportivista pode ter os días contados. Tras as últimas dúas derrotas consecutivas, a afeción estoupou e recibirá o equipo a vindeira semana con asubíos e panos brancos. Non se descarta unha reunión urxente da dirección do clube, con Lendoiro á cabeza, para tratar a continuidade de Irureta. Tamén se conta que a decisión de Mauro Silva e Luque de pedir o relevo foi por "vergoña allea".
Deportes - 25 Abril 2005
A afección no puido máis onte, logo dos catro goles encaixados en casa, e despediu ao equipo cunha sonora pitada. Irureta dixo que xa "tomou nota", e de portas adentro, se interpreta que será a súa última tempada no Depor. Dende o clube destacan que xa nin ten a "ilusión" de levar o equipo á Europa. A verdade é que no Depor non hai o espírito competitivo doutros anos. Mesmo nos adestramentos o equipo se limita a facer uns exercicios rápidos e un partidiño sen máis; en total, pouco máis de hora e media.
Deportes - 25 Abril 2005
O Celta sacou proveito do pinchazo dos seus perseguidores e xa se puxo a seis puntos do Cádiz. O peor do partido de onte, a agresión aos afecionados da peña Celtista Quart-Hadast que se desplazaron a Elche cun espectáculo lamentable. Consultao en delcelta.com. Por outra banda, Horacio Gómez e Fernando Vázquez xa traballan no Celta de Primeira, a pasada semana falaron de posibles fichaxes para a vindeira tempada.
Deportes - 25 Abril 2005
Segundo os racinguistas que o coñecen ben, Moisés Pereiro vai para crack, pero este xoven xogador segue tendo problemas para que o inclúan entre os titulares. A pesares de que o Racing está case salvado tras a victoria ante o Córdoba, non son poucos os que lle reclaman a Veiga que poña a xogar a este rapaz que nos adestramentos ningunea aos xogadores habituais.
Deportes - 25 Abril 2005
O Pontevedra xa está a seis puntos da salvación, aínda que xunto a eles hai outro catro equipos pelexando. As últimas victorias dos granates volveron a ilusionar á afeción e Argibay está convencido que se gañan outros catro partidos dos nove en xogo están salvados. O presidente Mirón descarta, por agora, novas fichaxes e confía nos xogadores actuais, polo que se descarta, por agora, a chegada do ex céltico Catanha.
Deportes - 18 Abril 2005
Os xogadores do 'Breo' adicaronlle a victoria ante o Estudiantes a Ricardo González, o capitán do equipo lugués, que se viu obrigado a retirarse do baloncesto tras terlle detectado un problema conxénito nunha arteria coronaria. Charlie Bell volveu as andadas, tras uns partidos desmotivado, e superou os 30 puntos.
Deportes - 18 Abril 2005
O presidente do Racing, Isido Silveira, respira tranquilo. Logo de tres victorias consecutivas o seu equipo alonxase do descenso e xa soña coa permanencia, que era o seu obxectivo. Por outra banda, Mario Bermejo podería abandonar o Racing a próxima tempada. Hai varios equipos interesados por el, entre outros, o Celta e o Bilbao.
Deportes - 18 Abril 2005
O Depor non ten chispa. Entre a directiva, e sobre todo, entre os afecioados, cualla a idea de que hai que renovar o equipo. Coa marcha de Mauro e Fran remata unha xeración e un xeito de xogo con seis anos de historia. Lendoiro leva uns días pensando nos recambios, sobre todo para a media e a dianteira. Quen pode ter os días contados son Valerón e Tristán. Entre a lista de posibles baixas sona, ademáis, Andrade, Munitis, Victor ou Munúa.
Deportes - 11 Abril 2005
O celta xa pensa máis na Primeira división que en Segunda. Segundo nos contan Vázquez xa deu o seu sí a Horacio Gómez para continuar ó fronte do Celta o próximo ano. O de Castrofeito prepara xa o equipo de Primeira, no que podería haber ata dez novas fichaxes. Por outra banda, a peña siareiros reclamou á Radio Galega, a través dunha misiva, que retrasmitira o Poli-Celta de onte en directo.
Deportes - 11 Abril 2005
Logo de dous partidos consecutivos gañados o Racing xa respira tranquilo e se alonxa do descenso. O presidente, Isidro Silveira, felicitou a xogadores e adestrador tras o partido contra o Salamanca, logo de semanas de nerviosismo permanente. Quen podería deixar o clube a próxima tempada é o goleador de Segunda Mario Bermejo. Este xogador esta falando, entre outros clubes, co Celta de Vigo.
Deportes - 11 Abril 2005
Unha 'cantada' de Munúa a cinco minutos do final acabou nun novo empate para o deportivo. A afección segue criticando o baixo nivel de forma de Tristán e Valerón que siguen sen estar á altura, mentres que o adestrador deportivista achacaba a actitude do seu equipo o pouco ambiente que hai nas gradas dende a disolución dos Blues. Nembargantes, GC tivo acceso a un chamamento desta peña que discute as afirmacións de Jabo:
Deportes - 11 Abril 2005
Tres partidos, tres victorias e tan só a seis puntos do ascenso. No Pontevedra comezan a crer que poden quedar en Segunda tras a goleada ante o Lleida nun Pasarón cheo, con máis de 6.000 afecioados. O máis emotivo do partido, a despedida a Canabal, un xogador moi querido na capital do Lérez e que no futuro podería recalar no cadro técnico dos granates.
Deportes - 04 Abril 2005
As críticas de Pandiani acusando a algúns dos seus ex compañeiros de vir ós adestramentos con copas de máis non cairon nada ben entre algúns xogadores deportivistas. Nembargantes, o uruguaio non mentía cando afirmaba isto. Esta misma semana, o pasado martes, viron a un dianteiro deportivista en horas baixas aínda que redimido no partido de onte, ás duas e media da mañán xogando ó Blackjack no Casino do Atlántico, cun cubata na man, e acompañado doutro ex deportivista acostumado á noite.
Deportes - 04 Abril 2005
Os "consellos" do presidente racinguista, Isidro Silveira, ós seus xogadores deron resultados. O Racing de Ferrol conseguiu unha victoria que sabe a moito e que o alonxa dos postos do descenso. Non gustou en Ferrol que nalgúns medios oficiais do Málaga sinalaran que o partido ía ser no estadio de A Malata na cidade de "A CORUÑA".
Deportes - 04 Abril 2005
A estas alturas da tempada todos no Celta de Vigo comezan a soñar co ascenso. O equipo leva unha racha de 9 partidos gañados na segunda volta, está a dez puntos do cuarto clasificado e con moitas opcións de estar o ano que ven en Primeira. Fernando Vázquez podería continuar como adestrador e quere que o clube amarre a Canobio e a Jandro que considera fundamentais para a próxima etapa celeste. Tamén quere conservar a canteiráns como Oubiña, Israel ou Bouzón.
Deportes - 04 Abril 2005
As dúas victorias consecutivas do Pontevedra fixeron que os afecionados recuperen a ilusión polo ascenso. Agora están a nove puntos e a próxima xornada reciben ó Lleida. Pero todos os seus inmediatos perseguidores por abaixo teñen partidos comprometidos; o Terrasa recibe ó Eibar, o Málaga B ó Cadiz, o Ciudad de Murcia ó Almería e o Córdoba ó Murcia.
Deportes - 28 Marzo 2005
O presidente do Ferrol, Isidro Silveira, comeza a impacientarse polos malos resultados do equipo. Por iso, tras a derrota do seu equipo ante o Cádiz falou co adestrador, Juan Veiga, para darlle un toque, e xa vai polo terceiro. Este foi un pouco máis serio que os anteriores xa que lle dixo que como se siga perdendo vai ter que "tomar medidas". A afeción comeza a criticar o xogo do equipo e lamenta que se esté repetindo a mesma historia que hai duas tempadas, nas que o Ferrol dilapidou toda a ventaxa da primeira volta, na segunda, para volver descender a Segunda B.