O céspede de Balaídos

Deportes - 18 Xaneiro 2005

No Celta tampouco gañan para disgustos. Boa parte dos xogadores criticaron na última xuntanza que tiveron con Fernándo Vázquez a situación do estado do céspede de Balaidos. É un segredo a voces manifestado polos xogadores, tanto en público como en privado. Houbo quen, como Oubiña, propuxo ó técnico ir a xogar ó estadio de Barreiros. Pero non só Oubiña protestou... Sergio, Nagore ou Canobbio tamén criticaron a situación na que se atopa o estadio. A directiva celeste xa prometeu que tentaría solucionar o problema canto antes e contratou a dous técnicos agrarios para poñer remedio a situación.

Irureta respira mal

Deportes - 18 Xaneiro 2005

O adestrador do Depor está no punto de mira da directiva do clube, de boa parte da afición e, sobor de todo, dos xogadores. Nos vestiarios de Riazor xa hai un "grupo" que lle está facendo o "vacío" ó míster. Un bo expoñente deste sentimento é Pandiani, quen onte mesmo, dixoo ben alto e claro ós medios de comunicación.

Fraga non quere unha selección galega

Deportes - 29 Decembro 2004

Selección galega

Deportes - 17 Decembro 2004

Siareiros Galegos é un grupo de afeccionados que reclama a constitución dunha selección nacional galega de futbol. Dende hai meses veñen mantendo xuntanzas para impulsar esta iniciativa que colleu pulo tras a experiencia das seleccións deportivas catalanas. Nestas reclamacións están arrastrando ao BNG que xa se comprometeu, dende hai tempo, a facer 'bandeira política' deste tema. Nos últimos días estanse intensificando as accións para poñer en marcha esta iniciativa, mesmo seguindo o modelo asambleario dos nacionalistas galegos. Para saber máis consultade a súa web.

As contas de Horacio

Deportes - 05 Decembro 2004

Ao presidente do Celta non lle saen ben as contas. Suma aquí e resta acolá e non lle cadran os números para que o equipo vigués volte á Primeira. Nunha cea que tivo coa peña "Horacio Gómez" de Tomiño -o seu concello natal-, xusto despois de empatar co Tenerife, o presidente céltico dixo que confía en que o Celta poida subir aínda que recoñeceu que as cousas se están poñendo moi costa arriba. Non descartou darlle un toque severo de atención a Fernándo Vázquez.

Outro que ten os días contados...

Deportes - 05 Decembro 2004

Outro que ten os días contados é o adestrador do Leche Río Breogán, Moncho López. As constantes derrotas do equipo lucense e a súas meteduras de pata cos medios de comunicación poden ter unha resposta contundente no Consello de Administración convocado para o vindeiro xoves. Os xogadores xa non o respetan e os seus insultos aos xornalistas (con 'hijos de puta' incluidos) non o van a axudar en nada.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.