Oficina de Abanca

Máis formación para os emprendedores

Emprendemento - 11 Setembro 2015

Abanca e a Asociación Galega de Empresa Familiar impulsan un programa de apoio aos emprendedores con cursos e seminarios específicos.

A asociación universitaria AUCE realiza a convocatoria no marco do Programa Galeuropa. Noemí Giráldez é a coordinadora da iniciativa / Uvigo

Queres facer prácticas no eido social ou educativo en Lisboa?

Emprendemento - 10 Setembro 2015

A asociación universitaria AUCE realiza a convocatoria dentro do Programa Galeuropa. Os dez beneficiarios ou beneficiarias terán apoio económico para a cobertura dos gastos.

Equipo de Nos en Esteiro, a Cafetaría Comedor do Campus de Ferrol

Unha cafetería universitaria reconvertida en viveiro de empresas

Emprendemento - 09 Setembro 2015

“Nós en Esteiro” lánzase tras gañar un concurso de emprendemento convocado pola Universidade da Coruña e a Xunta de Galicia. A inaguración será este mércores ao mediodía no campus universitario de Ferrol.

O director de Banca Agro e Mar de ABANCA, Jesús Combarro Pereira, e o  presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Vicente  Solarat López.

Novas liñas de créditos para os adegueiros

Emprendemento - 08 Setembro 2015

Abanca e D.O Valdeorras reforzan a súa colaboración no inicio da campaña da Vendima.

Tren turísitico Aba Sacra

Emprendedoras que apostan polo rural e pola Ribeira Sacra

Emprendemento - 05 Setembro 2015

Carmen Vázquez Piñeiro é unha nova empresaria que está poñendo en valor o lugar de Doade, unha pequena aldea de Sober, e a Ribeira Sacra, grazas a iniciativas turísticas e gastronómicas como o Tren turístico Aba Sacra e o restaurante A Cantina. Falamos con Antonio, o seu home e “relacións públicas” do negocio.

Enxeñeiras viguesas estudan cómo detectar automáticamente a depresión

Emprendemento - 03 Setembro 2015

Conseguir desenvolver un sistema capaz de detectar a través da voz si unha persoa sufre ou non depresión. Este é un dos obxectivos co que están a traballar no Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) da Universidade de Vigo e no que a investigadora Paula López centrou unha parte destacada da súa tese de doutoramento, unha análise minuciosa dirixida a obter información sobre como a tecnoloxía pode axudar, a través da simple análise da voz, a obter información acerca do estado emocional dunha persoa.

O socio director da consultoría Arxon Estrategia, Rafael Martínez-Carrasco

Xornada para que directivos de PEMEs poidan analizar as súas contas

Emprendemento - 02 Setembro 2015

O socio director da consultoría Arxon Estrategia, Rafael Martínez-Carrasco, explicará o balance de contas, a conta de resultados, os riscos operacionais ou as responsabilidades dos administradores.

Presentación do  Pont-Up Store, o encontro de emprendemento impulsado pola Universidade de Vigo

Pontevedra será a capital do emprendemento estatal o 25 e o 26 de setembro

Emprendemento - 25 Agosto 2015

A falta de 20 días para que remate o prazo de inscrición, son xa 36 os proxectos impulsados por emprendedores e emprendedoras de diferentes puntos de España que formalizaron a súa inscrición no Pont-Up Store, o encontro de emprendemento impulsado pola Universidade de Vigo, que os días 25 e 26 do vindeiro mes encherá as rúas de Pontevedra de espírito emprendedor.

Grupo de traballadores de Cifga

A empresa lucense CIFGA aposta pola internalización

Emprendemento - 22 Agosto 2015

A firma ten por clientes a laboratorios de referencia públicos e privados, industria alimentaria, centros de investigación e universidades.

Sinatura dun convenio entre Abanca e o Consellor Regulador Rías Baixas

O sector vinícola tamén ten os seus propios créditos bancarios

Emprendemento - 19 Agosto 2015

Abanca e o Consello Regulador das Rías Baixas alíanse para facilitar o financiamento ao sector no inicio da campaña.

Ofertas de créditos a través da Internet

Emprendemento - 19 Agosto 2015

A rede é cada vez máis unha alternativa para conseguir financiamento no caso dos autónomos e particulares necesitados de crédito para manter ou lanzar un negocio. Malia a morna recuperación económica, moitas das entidades bancarias aínda non abriron a billa do crédito aos emprendedores, especialmente se non poden aportar moitos avais. En situacións deste tipo solicitar un préstamo en liña é unha das primeiras opcións a considerar. O crédito en liña interesa sobre tidi para as iniciativas que están a dar os seus primeiros pasos e que, polo tanto, non poden aportar moitas garantías, ou que buscan financiamento rápido sen ter que detallar a ninguén o seu modelo de negocio.

Tenda de Mi Casa

Servizos para "revitalizar" os negocios

Emprendemento - 17 Agosto 2015

A Cámara de Comercio de Santiago realizará dez diagnósticos para analizar os puntos fortes e débiles das empresas e suxerir melloras.

Unha cadea de produción industrial

Crece un 12,9 % a produción industrial en xuño

Emprendemento - 09 Agosto 2015

Galicia rexistrou a segunda maior subida de todo o estado. No conxunto do Estado, a produción industrial creceu o 7,5%.

Cidade da Cultura no Monte Gaias/Projetoblog.com.br

Seleccionados os 50 proxectos da II edición do Centro de Emprendemento Galicia Open Future

Emprendemento - 08 Agosto 2015

Entre as máis de 180 candidaturas recibidas para participar en GOF, elixiuse, por primeira vez, un proxecto do norte de Portugal. Todos os profesionais e startups seleccionados contarán cun patrocinio de 2.000 euros e os tres mellores proxectos da edición poderán recibir unha achega de ata 50.000 euros grazas ao Programa de Incentivos da Xunta.

Sede de EGATEL

Egatel, primeira empresa galegas en innovación segundo o informe Ardán

Emprendemento - 05 Agosto 2015

Egatel con sede en Tecnópole, foi recoñecida no informe Ardán 2015 como a empresa máis innovadora de Galicia. Trátase da única empresa galega que conseguiu alcanzar a categoría "ouro" no ranking de Innovación contemplado no Informe Económico e de Competitividade elaborado polo consorcio da Zona Franca de Vigo co apoio da Axencia Galega de Innovación.

O vicepresidente de Abanca e propietario do grupo Banesco, Juan Carlos Escotet, nunhas xornadas sobre opurtinades de negocio

Abanca expón oportunidades de investimento aos clientes non residentes

Emprendemento - 05 Agosto 2015

Durante a xornada debulláronse as claves das diferentes oportunidades de investimento.

Xornada de Descubrimento de Proxectos Clúster TIC Capital Network

Emprendedores galegos á procura dun millón de euros de investimento

Emprendemento - 04 Agosto 2015

O Clúster TIC Galicia desenvolveu a semana pasada a súa “Xornada de Descubrimento de Proxectos Clúster TIC Capital Network” na que se facilitou o coñecemento e contacto entre emprendedores TIC e investidores e que constituíu unha nova oportunidade para dar apoio á creación e ao crecemento de empresas de base tecnolóxica en Galicia.

92 proxectos emprendedores se presentan en VíaLugo

Emprendemento - 01 Agosto 2015

Noventa e dous proxectos emprendedores se teñen presentado en VíaLugo, a sede lucense da iniciativa VíaGalicia, ao programa de aceleración de empresas impulsado pola Xunta e a Zona Franca de Vigo. Os proxectos presentados en VíaLugo supoñen preto do 30% do total de 309 ideas de negocio que competirán por acadar o apoio de ambas administracións, mentres que o resto optaron por facelo na sede viguesa do programa, VíaVigo.

Presentación da Cátedra Internacional RSC Santander Galicia-Norte Portugal

Nace a Cátedra Internacional RSC Santander Galicia-Norte Portugal

Emprendemento - 31 Xullo 2015

Estarán presentes as tres universidades galegas. O seu obxectivo é o desenvolvemento de actividades docentes, investigadoras, formativas e de documentación no ámbito do Responsabilidade Social Corporativa.

Obreiro do sector metalúrxico

Os galegos perderon máis salario cas galegas pola crise

Emprendemento - 31 Xullo 2015

O Instituto Galego de Estatística publica a Matriz de Contabilidade Social correspondente ao ano 2011. Os efectos da crise nos soldos non son os mesmos para homes e mulleres. Aumenta ademais o número de fogares que dependen doutras formas de ingresos que non son salarios.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.