Emprendemento - 18 Febreiro 2015
A Sede Afundación en Vigo acollerá o vindeiro luns 23 de febreiro, entre as 10.00 e as 20.00 h, a primeira edición do Atlante Wine Forum, unha xornada de traballo e formación dirixida aos profesionais do sector vitivinícola do noroeste de España e norte de Portugal na que se reunirán algúns dos maiores expertos en viño do mundo.
Emprendemento - 17 Febreiro 2015
A Universidade de Santiago de Compostela e Fundación Vodafone España asinan este mércores en Lugo un convenio e presentan a ‘D3mobile Metrology World League 2015’.
Emprendemento - 17 Febreiro 2015
É o principal evento español da transferencia de coñecemento entre o tecido investigador e o empresarial, e nel estivo a Universidade de Vigo presentado a súa oferta de I+D. O Foro Transfiere 2015 celebrouse este mércores e xoves en Málaga e contou coa asistencia de 2300 profesionais, 450 empresas e organismos públicos e representantes de 26 países.
Emprendemento - 16 Febreiro 2015
Acaba de abrir a convocatoria do programa de aceleración de startups de base tecnolóxica Top Seeds Lab, parte da iniciativa Global Accelerator Network. O prazo para remitir candidaturas remata o vindeiro 28 de febreiro.
Emprendemento - 13 Febreiro 2015
Onde procurar información, que estratexias seguir para facer as pescudas, como saber se unha fonte é fiable, cando hai que inserir citas... Estas e outras dúbidas asaltan a miúdo ao estudantado á hora de se enfrontar á elaboración dun traballo académico. Para dar resposta a este tipo de cuestións, a Biblioteca Universitaria organiza o curso Máis alá de Google.
Emprendemento - 08 Febreiro 2015
Como unha “industria xa importante en Galicia, pero con moito percorrido por diante” presenta o profesor da Escola de Enxeñaría Forestal Luis Ortiz o uso da madeira e dos seus residuos como fonte de enerxía. Non en van, na comunidade autónoma xéranse cada ano tres millóns de toneladas de residuos forestais que poderían ser empregados, por exemplo, para a produción de enerxía térmica.
Emprendemento - 06 Febreiro 2015
Esta iniciativa do Campus do Mar e do GAC4 foi seleccionada pola Rede Europea de Zonas de Pesca. Presentarase na conferencia internacional Sailing towards 2020 en Bruxelas o vindeiro mes de marzo.
Emprendemento - 05 Febreiro 2015
Moitos autonómos e novos emprendedores están a buscar na rede solucións aos seus problemas de financiamento. Dado que a maioría dos bancos aínda non abriron a billa do crédito malia posuír garantías, pedir un préstamo en liña pode, en teoría, parecer unha boa opción. Especialmente para os negocios que están empezando e que non teñen moitos avais, ou que simplemente non queren revelar o seu modelo de negocio a ninguén.
Emprendemento - 04 Febreiro 2015
A delegada da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, selaron un acordo para a implantación dun viveiro de empresas na antiga Casa do Reloxo da vila turística.
Emprendemento - 01 Febreiro 2015
Altia, Baía Software, Clictic, Imatia, Intelsis, JDLV Investidores, Plexus e R son as oito firmas que fundaron o Club de Investidores do Cluster TIC de Galicia.
Emprendemento - 28 Xaneiro 2015
Think Big ofrece a mozos de entre 15 e 26 a oportunidade de poñer en marcha unha idea emprendemento social. As galegas son 4 iniciativas da provincia de Pontevedra (Ágora Vitae, Sonic studios Look&fit yWhats Now), 2 da de Ourense (Creando circo! e Social cooking) e outras 2 da Coruña (QRunning) e Lugo (Muuusy). Dúas delas propoñen dende ferramentas para facilitar o traballo dos gandeiros á creación de redes sociais de apoio entre doentes.
Emprendemento - 26 Xaneiro 2015
Cos relatorios Iago Varela, Cristina Moreira, Óscar Reboiras e Verónica Ramallal, Ciencias Sociais e da Comunicación celebrou este luns por primeira vez o Día Mundial do Community Manager, grazas a unha xornada coordinada polo profesor Xabier Rolán. Óscar Reboiras, membro do equipo de social media de R, centrou a súa intervención no valor das redes sociais como plataformas de atención ao cliente.
Emprendemento - 16 Xaneiro 2015
Das 30 que se concederon para España só o galego Alberto Ruano conseguiu unha delas. Na súa estadía en Estados Unidos investigará o efecto molecular do radón residencial e a súa relación co cancro de pulmón.
Emprendemento - 12 Xaneiro 2015
“Dronlife” é un proxecto que o grupo IFFE patrocina e co que un grupo de estudantes da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) de Ferrol chegaron á final dun concurso dos Emiratos Árabes.
Emprendemento - 08 Xaneiro 2015
O informe da Fundación CYD cifra en 98 as peticións tramitadas no período 2004-2012 pola USC, que aporta case a metade das publicacións científicas elaboradas no país.
Emprendemento - 31 Decembro 2014
Un total de 300 empresas benefícianse do proxecto posto en marcha pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación de Lugo para mellorar os seus negocios.
Emprendemento - 15 Decembro 2014
Feijóo di que “é a mellor noticia posible para boa parte do PIB galego”.