Axudas para que as PEMEs medren internacionalmente

Emprendemento - 29 Xullo 2015

A nova convocatoria do Plan Primex permitirá ás compañías cubrir o 75% do custo do proxecto, abrindo as portas a crear filiais e oficinas de promoción no estranxeiro, así como plataformas ou outro tipo de proxectos cooperativos.

Xenebra Nordés

Osborne aterra en Galicia coa compra da xenebra Nordés

Emprendemento - 29 Xullo 2015

Nordés, que apareceu no mercado en 2012, producía unhas 240.000 botellas cunha facturación anual superior aos 3 millóns de euros.

Espazo de coworking na Tecnópole de Ourense

Na busca de emprendedores en biotecnoloxía

Emprendemento - 28 Xullo 2015

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) promove e organiza, coa colaboración do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e a Tecnópole, a V edición do Bio Investor Program. Esta iniciativa, que se organiza nesta ocasión no marco do programa Agrobiotech Innovación, abre o prazo de recepción de candidaturas ata o 7 de agosto.

Parte do equipo da Universidade de Vigo encargado do satélite Serpens

Conta atrás para lanzar satélite galego á Estación Espacial Internacional

Emprendemento - 25 Xullo 2015

Arranca unha nova conta atrás para os membros da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, que o vindeiro 16 de agosto vivirán o que será o terceiro envío ao espazo, neste caso á Estación Espacial Internacional, dun satélite fabricado, desta volta, parcialmente por eles.

Foro Económico de Galicia / Foto: Foro Económico de Galicia

O Foro Económico de Galicia alerta do risco de estancamento da economía europea

Emprendemento - 23 Xullo 2015

“Polo tanto, concluímos que a economía europea se enfronta a unha ameaza certa de caer no estancamento secular, a cal se concretaría nunha fase de crecemento moi lento durante polo menos un lustro ou quizais unha década”. Así remata o último informe do Foro Económico de Galicia, Sobre o risco de estancamento na economía europea, do que son autores os economistas da Universitat de Barcelona Antón Costas e de Vigo Xosé Carlos Arias e que hoxe foi presentado no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo.

Na empresa Neoker teñen un departamento de I+D+I

Liña de crédito para 500 empresas galegas

Emprendemento - 22 Xullo 2015

Abanca reforza o seu plan A-Impulsa para apoiar ás pemes. Entre as fórmulas que se propoñen destaca a reorganización da débeda, a través de novos préstamos, ou a renegociación das condicións.

Foto da clausura programa de emprendendores  da Cámara de Santiago e a Fundación Cidade da Cultura

Nacen dez empresas culturais en Santiago

Emprendemento - 14 Xullo 2015

Clausuraron hoxe o programa de creación e consolidación de industrias culturais e creativas que se celebrou nos meses de abril, maio e xuño no Centro de Emprendemento do Gaiás. José Luis Rodríguez Dacal, vicepresidente da Cámara de Comercio, reivindicou que “a empresa de xestión cultural precisa de apoio público para acadar visibilidade e conseguir a súa consolidación”.

Moléculas atopadas pola USC e IBM /Foto: IBM Research

A USC e IBM proban a existencia de moléculas buscadas hai 113 anos

Emprendemento - 13 Xullo 2015

Un equipo mixto de investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela (CiQUS) e de IBM Research (NYSE: IBM) conseguiu demostrar a existencia dos arinos, unha familia de moléculas extremadamente reactivas e de vida curta que foron suxeridas por primeira vez hai 113 anos. A técnica desenvolvida para o seu achado podería ter aplicacións en ámbitos como a química e a electrónica sobre superficies, concretamente para a elaboración de nanofitas de grafeno ou dispositivos unimoleculares.

Curso de creación e xestión de microempresas con prácticas incluídas

Emprendemento - 09 Xullo 2015

Dirixido prioritariamente a profesionais que estean interesados en recibir a formación necesaria para a creación e xestión dunha pequena empresa, a profesionais independentes, autónomos, etc... de calquera sector produtivo. Será do do 20 de xullo ao 20 de novembro (incluídas as prácticas non laborais en empresa) .

Bolsas para aprender a captar fondos da UE

Emprendemento - 06 Xullo 2015

A Fundación Galicia Europa (FGE) pon en marcha un programa de especialización, en materia de financiamento comunitario, dirixido ao persoal das entidades públicas e privadas galegas, que terá lugar na oficina da Fundación, en Bruxelas, do 21 ao 25 de setembro.

A economía galega segue recuperándose mentres cae a poboación activa e a produtividade do traballo segundo recolle o último Informe de Conxuntura do Ano 2015, presentado por Patricio Sánchez, Fernando González Laxe, Santiago Lago e Xosé Armesto. Foto: Foro Económico de Galicia

A economía galega recuperase pero menos que a estatal

Emprendemento - 03 Xullo 2015

O leve crecemento dáse mentres cae a poboación activa e a produtividade, segundo explica o Foro Económico de Galicia no último 'Informe de Conxuntura do Ano 2015'. O documento tamén analiza a destacada posición do sector conserveiro.

Presentación de Vía Galicia en Lugo

Aceleradora de proxectos empresariais Viagalicia

Emprendemento - 01 Xullo 2015

Víagalicia é o programa de aceleración promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia mediante o cal se ofrece soporte e asistencia na súa fase inicial a emprendedores e empresas.

María Benjumea e José Manuel Baltar na inauguración dunhas xornadas sobre innovación na Deputación de Ourense

Poñen a Ourense como exemplo de innovación

Emprendemento - 01 Xullo 2015

María Benjumea, impulsora de 'Spain Startup', destaca as iniciativas da Deputación de Ourense a prol da innovación.

A aplicación aprendeafinanciarte.com en aplicacións móbiles

Aprendeafinanciarte.com, a web que axuda a montar unha empresa

Emprendemento - 29 Xuño 2015

Recolle propostas clásicas e alternativas de financiamento público e privado para empresas.

Coñece as claves para conseguir financiamento

Emprendemento - 28 Xuño 2015

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará mañá luns, 29 de xuño, na súa sede entre as 9:00 e as 13:30 horas, a xornada gratuíta “Aprendeafinanciarte.com” na que especialistas en financiamento púbico e privado expoñerán as alternativas de acceso ao crédito para pemes, emprendedores e autónomos.

Premio para a Escola de Negocios Afundación

Emprendemento - 25 Xuño 2015

Con 27 anos de experiencia, pola escola xa pasaron máis de máis de 55.000 alumnos. Este venres recibirá o Premio Cantábrico Excelente á Formación nun acto en Oviedo.

Cambio da imaxe do novo banco / AD Abanca, o banco herdeiro das antigas caixas galegas

ABANCA ofrece vantaxes no alugueiro de locais comerciais para os emprendedores

Emprendemento - 24 Xuño 2015

O banco oferta máis de 400 inmobles nas principais cidades españolas para a creación de novos proxectos empresariais.

José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, na sinatura dun convenio con Juán Casares, reitor da USC / deputacionlugo

Na busca de emprendedores multidisciplinares

Emprendemento - 23 Xuño 2015

Tomando como eixo o traballo en equipo e unha estratexia de ‘aprender facendo’ o programa Argos abre o prazo de inscrición da súa edición correspondente a 2015, nunha iniciativa conxunta da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) e da incubadora de empresas Uninova coa colaboración das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e de Administración e Dirección de Empresas de Lugo. O prazo estenderase ata o 25 de setembro.

Edificio Citius no Campus Sur da Universidade de Santiago

A tecnoloxía da USC saca peito na busca de investidores

Emprendemento - 22 Xuño 2015

Un modelo de atención visual que imita o comportamento do ollo humano (cualificado como «o mellor do mundo» pola University of Southern California en 2013), algoritmos que contribúen a incrementar a eficiencia en procesos industriais ou unha nova tecnoloxía capaz de converter grandes cantidades de datos numéricos en linguaxe natural (utilizada actualmente por MeteoGalicia para xerar predicións meteorolóxicas textuais en cada un dos 314 concellos galegos). Son só tres dos 16 exemplos que o vindeiro 3 de xullo coñecerá quen asista no CiTIUS ao encontro Inside The Lab , unha xornada de presentación de tecnoloxía na que se amosarán os resultados de investigación únicos obtidos ao longo dos últimos anos nese centro singular da USC, moitos deles á vangarda da innovación mundial.

O presidente de Autónomos de Galicia, Auga, Lisardo Domínguez

Os autónomos que traballan na casa poderán deducir a luz, a auga e a calefacción

Emprendemento - 19 Xuño 2015

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid dá a razón a un contribuínte que recibiu unha liquidación provisional da Axencia Tributaria que lle negaba estas desgravacións.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.