Iván Rodríguez, Rubén Viso e Celso Campos son os creadores do proxecto

Unha app galega celebra as 100.000 descargas sacando a versión 2.0

Emprendemento - 16 Maio 2015

Sketch Arm permite aos usuarios deseñar o seu propio armario personalizado. Entre as novidades está a posibilidade de descargalo desde Android.

Mozas surfeiras en Razo

Cursos de surf en Galicia: formación, diversión e oportunidade de negocio

Emprendemento - 13 Maio 2015

Cada vez son máis as escolas, como Art Surf Camp en Razo (Carballo), que combinan a formación en deportes ao aire libre coa ensinanza de idiomas para así abrir novas vías de negocio.

Mato, no centro, reitor da Uvigo, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño, e o seu homólogo a nivel provincial, Jesús Cebreiros

A Universidade Vigo contacta empresas para colaborar na carreira aeroespacial

Emprendemento - 13 Maio 2015

O reitor Salustiano Mato explica que dende a Universidade de Vigo se está contribuíndo á creación en Galicia dun polo de innovación aeroespacial de dúas formas moi claras: dunha banda, a nivel académico, coa creación no campus de Ourense do Grao de Enxeñaría Aeroespacial, “xa encamiñado” e que formará aos profesionais necesarios para que as empresas teñan persoal suficiente que lles permita entrar nese mercado e, da outra, comezando a traballar na creación dun centro de innovación específico, que responda ás necesidades concretas dese sector.

Instalacións de Plexus en Santiago / Linkedin

Google presenta en Galicia as súas novas ferramentas para empresas

Emprendemento - 12 Maio 2015

Unha sesión de traballo dará a coñecer, o 28 de maio, a máis avanzada tecnoloxía grazas á alianza da multinacional Google coa galega Plexus.

Billete do cine Numax

O cine alternativo Numax, exemplo de emprendemento

Emprendemento - 08 Maio 2015

A sala -que mostra filmes en versión orixinal- está a superar as súas expectativas do seu plan de negocio, segundo informa o director de IGAPE, que visitou hoxe as instlacións.

Director de Marketing Estratéxico de Estrella Galicia, José Cabanas

Aprende a emocionar aos teus clientes

Emprendemento - 07 Maio 2015

A Asociación de Alumnos da Escuela de Negocios Afundación presenta reunirá o vindeiro mes de xuño na Coruña expertos nacionais e internacionais en 'customer experience', como o responsábel de mercadotecnia de Estrella Galicia.

Elías Mera, presidente do Polígono de San Cibrao, co conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Os empresarios ourensáns apostan polas TIC para fomentar o seu negocio

Emprendemento - 07 Maio 2015

O presidente da Asociación de Empresarios de San Cibrao das Viñas, Elías Mera, destaca a necesidade de crear plataformas dixitais para modernizar os negocios. Neste polígono están establecidas 325 empresas, que xeran máis de 8.000 empregos directos.

Iñaki Ortega /incubaeco.org

O emprendedor do novo milenio, centro do relatorio de Iñaki Ortega en Santiago

Emprendemento - 06 Maio 2015

É autor da obra Millennials, inventa o teu emprego, na que define aos emprendedores do futuro, e un dos maiores expertos de España na materia. O envento será mañá xoves, ás 17:00 h., en sala Eisenman de la Ciudad de la Cultura de Santiago.

Un dos eventos organizados por Escuela Inventa

Directivos galegos ensinan a falar en público para atraer clientes

Emprendemento - 05 Maio 2015

EscuelaInventa, o centro de formación especializado en vendas e emprendedores, organiza un novo seminario para aprender a falar en público, unha habilidade clave para abrir novas liñas de negocio. O evento en aberto, denominado "Lab Class Sinte a confianza para Falar en Público" terá lugar o 8 de maio no Edificio Cersia en Santiago de Compostela de 16:45 h a 20:00 horas.

Bombóns Pedras de Santiago do Obradoiro de respostería de La Perla, en Santiago, empresa que colabora no TFC de Composterra

Un proxecto universitario con visos de negocio

Emprendemento - 04 Maio 2015

Dúas estudantes de Ciencias da Comunicación crean un gabinete de comunicación para emprendedores como parte dun Traballo de Fin de Grado.

Higinio Mougán, director-xerente de AGACA / GC

"Traballar no agro é unha filosofía de vida"

Emprendemento - 02 Maio 2015

Higinio Mougán, director de AGACA, é un dos maiores coñecedores do potencial económico do campo galego. A súa asociación reúne as principais cooperativas e propón un novo proxecto para o deseado grupo lácteo galego. Nesta entrevista, ademais da situación desta industria -marcada pola fin das cuotas e o impacto do veto ruso- abórdanse os pasos para emprender no agro.

Foto dunha proba piloto realizada para o Xogo140

O Barrio de San Pedro, banco de probas para un novo colectivo empresarial

Emprendemento - 30 Abril 2015

A Feira da Primavera acolle o primeiro xogo a través de Twitter que se realiza en Galicia: O Xogo140 "x unha ferramenta lúdica que une o real e o virtual creando experiencia únicas e inesquecibles".

A Xunta firma o convenio cos empresarios para subvencionarlles a Internet vía satélite

Antigos empresarios crean unha fundación para axudar a novos emprendedores

Emprendemento - 30 Abril 2015

Entenden que unha alta porcentaxe dos novos proxectos empresariais fracasan nos primeiros exercicios, e pretende reverter dita tendencia achegando a súa experiencia.

A doutora Noelia Araújo tamén participa na investigación, que está na súa fase inicial

Os novos intermediarios turísticos derrotan as axencias tradicionais

Emprendemento - 29 Abril 2015

O turismo e as decisións dos turistas móvense en base a información, información dos lugares, das actividades, dos voos, dos prezos... Por este motivo, non é de estrañar que Internet estea a xogar cada día máis un papel decisivo neste sector. Os potenciais clientes acoden á rede para buscar datos e opinións e para contratar os mellores servizos ao mellor prezo. Neste contexto, os portais de reservas de aloxamento online estanse convertendo nos novos intermediarios da distribución turística, en detrimento dos tradicionais offline, como axencias de viaxes. Investigadores do campus de Ourense estudan o papel crecente destas páxinas web.

Conductor uscando aparcamento con Parkapp/TVG

Abrir o garaxe co móbil xa é posíbel grazas a alianza de dúas empresas galegas

Emprendemento - 28 Abril 2015

As comunidades de veciños poden aforrar diñeiro e ter máis seguridade nos seus espazos comúns a través da alianza entre as empresas tecnolóxicas viguesas Plus Vecinos e Parkkapp.

Roberto Tojeiro, conselleiro delegado de Gadisa

Roberto Tojeiro, presidente de Gadisa, Premio Liderado Empresarial da CEC

Emprendemento - 27 Abril 2015

O xurado valorou a contribución da empresa, líder na distribución de alimentación, ao “crecemento da economía galega” e a súa achega á “xeración de emprego” nos últimos trinta anos.

Momentos do solpor no Gaiás, onde está a Cidade da Cultura

IBM convoca un encontro con emprendedores e empresas novel o 29 de abril

Emprendemento - 27 Abril 2015

Os asistentes poderán coñecer o programa de colaboración e axudas de IBM para universitarios con ideas, desenvolvedores ou startups. A xornada rematará cun speed networking, no que as persoas interesadas poderán falar co equipo da empresa.

 Centro Cívico de Monforte de Lemos, ubicado no Paseo do Malecón.

Gustaríamevenderbombillas, un encontro de creativos e xente da cultura

Emprendemento - 24 Abril 2015

O vindeiro 25 de abril celébrase na cidade de Monforte de Lemos a I Xuntanza de Profesionais da Creación e da Xestión Cultural e Artística de Galicia.

Rubén Riós, o artífice da empanada con fariña de castaña presenta o produto en Madrid

Unha nova empanada revoluciona o mercado

Emprendemento - 24 Abril 2015

Unha empanada de fariña e pan de castaña causa sensación no Salón Gourmets de Madrid. A idea orixinal do produto foi desenvolvida por Rubén Riós e ten varias especialidades con produtos 100% do país: chourizo e touciño entrefebrado, lacón afumado, vexetal, mazá, mexillóns e tenreira galega e queixo.

Higinio Mougán, director-xerente de AGACA / GC

As claves para lanzar un negocio agrario

Emprendemento - 23 Abril 2015

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), a principal organización de cooperativas do rural do país, organiza un curso de formación para os que queren dar os seus primeiros pasos no negocio agrario. Consta de sete sesións, entre o 29 de abril e o 11 de maio, na Cámara de Comercio.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.