Unha reunión do HackforGood, concurso para hackers sociais  / Alberto Varela telefonica.com

Telefónica premia 5 proxectos galegos no HackForGood

Emprendemento - 23 Abril 2015

Trátase de Pulsafe, Sanet e Anciáns SOS, dirixidos ao sector da saúde, e GreenScouter e Espectrofotómetro, relacionados co medio. Foron creados por estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicacións, Enxeñaría Industrial e Informática da Universidade de Vigo.

A universidade busca voluntarios para probar infravermellos contra o sobrepeso

Emprendemento - 22 Abril 2015

O Proyecto Photon do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos da Facultade de Veterinaria da USC, un grupo de investigación dirixido polo catedrático Alberto Cepeda, demanda a participación de persoas voluntarias para participar nun proxecto de investigación relacionado coa nutrición.

Edificio Citius no Campus Sur da Universidade de Santiago

Este martes serán as probas de selección do programa Talentum Startups

Emprendemento - 21 Abril 2015

A iniciativa de Telefónica ofrece seis bolsas para realizar prácticas no CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela.

Reunión da Red Emprendia en Santiago

Universitarios iberoamericanos aprenden a emprender en Galicia

Emprendemento - 20 Abril 2015

Banco Santander, Isban, Sonae e a empresa galega Plexus forma parte do Desafío Millennials, que inauguraron esta mañá Senén Barro, ex-reitor da USC, e Antonio Agrasar, CEO da compañía santiaguesa.

Case o 70% dos emprendedores galegos non teñen título universitario

Emprendemento - 20 Abril 2015

Varón duns 38 anos de media e que vive nun ámbito urbano (84%). Este é o perfil medio do emprendendor en Galicia, segundo Spotcap, unha plataforma de financiamento en liña para novos empresarios.

Emprendedor

Cultura promove o contacto entre emprendedores

Emprendemento - 20 Abril 2015

A Consellería de Cultura promoverá o vindeiro xoves 23 de abril, na Cidade da Cultura, unha nova xornada na que xa están inscritos máis de cen emprendedores galegos.

Instalacións de Plexus en Santiago / Linkedin

Mozos de catro países aprenden a emprender nunha empresa tecnolóxica galega

Emprendemento - 17 Abril 2015

Universitarios de México, Arxentina, Colombia, Valencia ou Madrid aceptaron o reto do "Desafío Millennials" lanzado por RedEmprendia e a empresa tecnolóxica compostelana Plexus para desenvolver unha plataforma con novos servizos, especialmente pensada para dispositivos móbiles, cartelaría dixital e quioscos multimedia. Este grupo participará o vindeiro luns nunha xornada de traballo que se desenvolverá na sede da empresa en Santiago de Compostela.

Os creadores de Bluscus: Jacobo Camba (socio fundador), Catherine García e Pablo Mariño (socio fundador).

“Talent's Loop”, un programa para buscar emprego entre os universitarios

Emprendemento - 16 Abril 2015

No programa trátanse todos os factores que poden influír na incorporación ao mundo laboral no seu futuro.

Eloy Gesto Beiroa   Director Escuela Inventa

Como superar o medo a vender e a falar en público

Emprendemento - 16 Abril 2015

Eloy Gesto é director de Escuela Inventa, un centro especializado en formar profesionais na difícil arte de comercializar os seus produtos e presentarse ante un auditorio e organizadores dos eventos Openyourmind. Nesta entrevista abordamos algunhas das claves para conseguir novos clientes, a necesidade de formar aos mozos na comunicación e o clima económico actual.

Produtos da empresa Nanogap Equipo da empresa Nanogap

Unha firma galega especializada en nanofibras dá o salto aos EE.UU.

Emprendemento - 15 Abril 2015

Nanogap consolida a súa internacionalización coa posta a piques dun laboratorio en Richmond, California. É un referente internacional no deseño de nanofibras de prata para o seu uso nas pantallas táctiles de smartphones ou tablets.

Entrega de premios do XIV Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

Unha rede universitaria para impulsar o emprendemento

Emprendemento - 14 Abril 2015

As tres universidades galegas instauran unha rede para fomentar programas de desenvolvemento no eido da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD) e a Educación para ao Desenvolvemento (EpD) e potenciar o xurdimento de sinerxías que melloren o impacto das actuacións.

Trimarán flotante do proxecto Magallanes para xerar enerxía das mareas

Galicia, pioneira na xeración de enerxía das mareas

Emprendemento - 13 Abril 2015

O "Proxecto Magallanes" postúlase como unha nova forma de xeración enerxética que conta con "perspectivas de negocio moi boas" para que Galicia "aborde unha parte do mercado" da produción de renovables.

O presidente de Autónomos de Galicia, Auga, Lisardo Domínguez

Galicia é unha das autonomías nas que caeu o número de autónomos

Emprendemento - 13 Abril 2015

As cifras da suposta recuperación económica siguen sen verse claras no país, nin sequera a nivel macroeconómico. Unicamente sete autonomías rexistraron caída de autónomos no comezo de ano e unha delas é Galicia.

Marta Valcarce, blogueira e relatora en Unirede

Aprender a explotar as redes sociais no turismo e na hostelaría

Emprendemento - 09 Abril 2015

Unirede pretende mostrar, os logros da web 2.0 en Galicia; fomentar a interacción entre os diferentes actores de Social Media en Galicia e difundir entre a sociedade as vantaxes e as posibilidades de desenvolver a web 2.0 nos diferentes sectores económicos da nosa comunidade. Esta edicción está centrada nas viaxes e na gastronomía.

Traballador autónomo /serautonomo.com

O sector público tarda 3 veces máis do que marca a lei en pagar autónomos

Emprendemento - 09 Abril 2015

Galicia incrementa os períodos de pago un 30,6%, ao pasar de 49 días en decembro de 2014 a 64 en marzo.

Foto de familia de participantes e organizadores do curso

Como emprender dende os estudios de humanidades e as artes

Emprendemento - 08 Abril 2015

A innovación e a transferencia non son patrimonio dos ámbitos científico e tecnolóxico e máis aló do que se poida pensar e mesmo percibir, as humanidades e as artes tamén son parte destes procesos. Pero que e como deben facer os investigadores e investigadoras destes ámbitos para contribuír cos seus coñecementos á actividade económica ou á innovación social? Elena Castro investigadora do Instituto de Gestión de la Innovación y del Conocimiento, Ingenio (CSIC e Universitat Politècnica de Valencia) coñece ben as claves dun proceso sobre o que ten desenvolvido proxectos centrados nas relacións entre universidades e empresas en materia de innovación no ámbito das humanidades e ciencias sociais e da innovación social e cultural.

Entrega de premios do XIV Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC

Ampliado o prazo do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC

Emprendemento - 08 Abril 2015

A data límite para a presentación de propostas ao Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC 2015 amplíase ata o próximo 14 de abril. A viabilidade do proxecto; o grao de innovación do produto, proceso ou servizo, o volume de emprego proxectado; o carácter multidisciplinar do equipo; a consideración das políticas de igualdade e a relación ou interese coa lingua galega son os criterios que se terán en conta na concesión dos premios correspondentes ao décimo quinto Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC. Esta iniciativa do programa de creación de empresas da USC, Uniemprende, busca impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, titulados e tituladas e persoal investigador, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.

Caixeira traballando en Vego Supermercados

Volve certo optimismo económico aos fogares galegos

Emprendemento - 07 Abril 2015

O indicador de confianza dos fogares galegos correspondente ao primeiro trimestre de 2015 acadou o seu nivel máis alto dende o ano 2003 debido ás mellores perspectivas da situación económica e da evolución do emprego, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Loaira, unha das promotoras de Ciranda

"Este é dos estados europeos máis difíciles para ser autónomo"

Emprendemento - 06 Abril 2015

Ciranda é moito máis que unha tenda especializada na cultura da lusofonía. Ofrece tamén formación en portugués para diversos colectivos. A introducción da lingua lusa no ensino público galego e as barreiras para emprender son alguns dos temas desta entrevista con Loaria Martínez, unha das súas promotoras.

Presentación de Mossphere, sistema que emprega o musgo como detector da contaminación atmosférica	 Autor: Ana Varela

Medindo a contaminación grazas ao musgo galego

Emprendemento - 01 Abril 2015

Mossphere, un proxecto da USC, está baseado na capacidade do musgo para medir a presenza de metais pesados, hidrocarburos ou dioxinas na atmósfera.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.