Un grupo de universitarios estuda crear una empresa no marco de programas ao emprendemento universitario / murciaemprende

Buscando estudantes empresarios

Emprendemento - 03 Marzo 2015

A CEG e Xunta negocian a introdución de cursos formativos ou curriculums sobre cultura emprendedora no ensino superior.

Os negocios tecnolóxicos son bazas de futuro no mundo empresarial

A Cámara de Comercio de Santiago convoca o segundo premio “Camiño do Emprendemento 2015”

Emprendemento - 02 Marzo 2015

Premiarán a estancia de tres emprendedores no viveiro de empresas de Costa Vella cunha bolsa económica e servizo de consultoría. As solicitudes de inscrición poderán presentarse ata o 31 de marzo

Aguilera, director do IGAPE, na presentación do plan Reindus 2014

Oportunidades para o sector agroalimentario no Brasil

Emprendemento - 01 Marzo 2015

O director do Igape, Javier Aguilera, sinalou o venres no encontro de presentación do proxecto Iza Promoción, no que están implicadas arredor de 40 empresas do sector agroalimentario que desexan vender os seus produtos en Brasil, que a cooperación é o mellor instrumento para que as empresas galegas, nomeadamente as pemes, poidan incrementar as súas exportacións e internacionalizarse. Do mesmo xeito, o director do Igape destacou a calidade dos produtos agroalimentarios galegos como clave para o seu éxito no exterior.

Os estudantes da USC reciben os premios Argos de innovación por parte do reitor da USC, Juan Viaño

A universidade tamén innova

Emprendemento - 01 Marzo 2015

A USC premia dous proxectos de investigación histórica e innovación tecnolóxica co premio Argos. Os estudantes gañadores recibirán axuda para desenvolver empresarialmente as súas ideas.

Emprendedor

Seminario sobre as oportunidades que ofrecen os mercados emerxentes en Vigo

Emprendemento - 28 Febreiro 2015

As xornadas terán lugar na Escola de Negocios Afundación e forma parte dos Business Program Days. As sesións serán en inglés.

Os creadores de Bluscus: Jacobo Camba (socio fundador), Catherine García e Pablo Mariño (socio fundador).

“Galicia ten unha riqueza única no turismo mariñeiro”

Emprendemento - 28 Febreiro 2015

Acaba de nacer a primeira axencia de Internet especializada en experiencias de lecer no mundo do mar. Chámase Bluscus e nesta entrevista cun dos seus promotores, Pablo Mariño, abórdase como Galicia pode usar a súa tradición mariñeira para abrir unha nova vía de negocio e os desafíos que teñen que superar os emprendedores neste sector.

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, e a directora do proxecto ‘Unha cebra na auga’, a catedrática da USC Laura Sánchez Piñón /USC

Un proxecto da USC estimula as vocacións científicas en centros educativos

Emprendemento - 27 Febreiro 2015

'Unha cebra na auga' é un proxecto de divulgación da experimentación e estimulación de vocacións científicas entre o estudantado preuniversitario. Os centros participantes disporán dun acuario con peixes cebra para facer un seguimento do seu ciclo biolóxico durante un período de tres meses.

Vacas de leite gañadoras do concurso Gandagro 2015/AfricorLugo

Primeira app en España na que os gandeiros de leite controlan a produción

Emprendemento - 27 Febreiro 2015

A ferramenta tecnolóxica, que os gandeiros poden utilizar aínda sen cobertura de Internet, facilita a xestión das explotacións e aumenta a súa competitividade. Deputación e AFRICOR-LUGO puxeron en marcha a aplicación informática, na que, ademais de información xeral sobre o sector, os produtores acceden en tempo real aos resultados do control leiteiro e a consellos de reprodución para a mellora xenética

Un centro de ensino de Vigo premiado polo seu emprendemento

Emprendemento - 26 Febreiro 2015

Os alumnos do colexio Montecastelo crearon un proxecto para mellorar o rendemento dos paneis que aproveitan a luz do sol.

O presidente de Autónomos de Galicia, Auga, Lisardo Domínguez

Autónomos de Galicia recibe con cautela a promesa da Lei de Segunda Oportunidade

Emprendemento - 25 Febreiro 2015

Unha nova norma para refinanciar pagos á marxe dos xulgados e subvencións para os autónomos que teñan que atender a un fillo ou a un dependente. Estas son as principais novidades anunciadas polo presidente do Goberno para os autónomos no Debate sobre o Estado da Nación.

Aguilera, director do IGAPE, na presentación do plan Reindus 2014

Medran as exportacións galegas en téxtil, lousa e manufacturas

Emprendemento - 24 Febreiro 2015

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo director da área de Internacionalización, Abel Veiga, o incremento en preto dun 30% tanto das exportacións galegas como do número de empresas da comunidade que exportan durante os últimos cinco anos.

Os emprendedores das primeiras 6 iniciativas que estrearon a incubadora de empresas da Universidade de Vigo

Seminario gratuíto sobre as competencias esenciais para o éxito dunha idea de negocio

Emprendemento - 24 Febreiro 2015

Un seminario gratuíto sobre como elaborar un plan de empresa adestrará aos participantes nas competencias esenciais que deben ter en conta para o éxito dunha idea de negocio.

Monforte de Lemos durante a súa feira medieval

Oportunidades de negocio na Feira de Monforte

Emprendemento - 23 Febreiro 2015

O Concello de Monforte acaba de facer públicas as bases que rexerán a solicitude de participación na XIII Feira Medieval que terá lugar o sábado día 4 e o domingo día 5 de abril.

Xogo de mesa

Cando a historia se converte nun xogo de mesa

Emprendemento - 23 Febreiro 2015

"Ucrónika" é un xogo de cartas creado por un equipo vigués que fomenta a imaxinación, a creatividade e a improvisación a través da historia.

Os creadores de Bluscus: Jacobo Camba (socio fundador), Catherine García e Pablo Mariño (socio fundador).

Nace a primeira axencia especializada en turismo mariñeiro

Emprendemento - 21 Febreiro 2015

Bluscus, a primeira axencia online especializada en promover o turismo mariñeiro de Galicia, arrancou hoxe a súa actividade co lanzamento do portal, que ofrece a posibilidade de participar en actividades de inmersión na cultura galega, a través da contratación de experiencias gastronómicas, naúticas ou marisqueiras singulares e características das zonas do litoral.

Interior dunha casa na zona vella de Santiago rehabilitada por Trabecón

“Debe haber axudas para manter as casas de pedra fóra das cidades”

Emprendemento - 20 Febreiro 2015

Jesús Varela Lorenzo, administrador de Trabecón, é un dos homes que máis sabe no país de rehabilitación de vivendas. A súa empresa está ademáis especializada en traballos en zonas históricas e bioconstrucción. As subvencións, o impacto da crise no sector e a recuperacioń económica son algúns dos temas desta entrevista.

X Aniversario do GC

GC lanza un novo portal especializado en emprendemento e innovación

Emprendemento - 19 Febreiro 2015

GCEmprende.com. Esta é a nova canle temática que acaba de abrir Galicia Confidencial (GC), un portal especializado en información económica que funciona como un suplemento da cabeceira principal. O obxectivo de GCEmprende é informar en detalle das novas oportunidades empresariais e os éxitos xa logrados por compañías galegas. Proporciona tamén información útil sobre como lanzar unha empresa, exportar e innovar no país.

Premios do Observatorio eCommerce

Convocatoria de premios para proxectos de comercio electrónico

Emprendemento - 19 Febreiro 2015

O Observatorio eCommerce do Foro de Economía Dixital convocou os Premios Nacionais de eCommerce 2015.O prazo é até o 16 de marzo en toda España

Presentación do D3Mobile Metrology World League 2015 en Lugo / USC

Estudantes de 30 países participarán nun programa de talento científico da USC

Emprendemento - 19 Febreiro 2015

A D3Mobile 2015 é un campionato vangardista que conxuga innovación e tecnoloxía e que inclúe premios por valor de 11.000 euros para estudantes de entre 16 e 18 anos.

Cidade da Cultura no Monte Gaias/Projetoblog.com.br

Venres emprendedores na Cidade da Cultura

Emprendemento - 18 Febreiro 2015

Rei Zentolo protagonizará o 6 de marzo a primeira xornada, ao que seguirán Alberto Rodríguez Montiel de FrutoDS, Óscar Santomé Estudio e Quattro IDPC. En cada sesión haberá un coloquio informal e unha posterior sesión de networking onde intercambiar experiencias ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño. A actividade é de balde mais é preciso inscribirse.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.