Emprendemento - 15 Marzo 2015
O prestixioso profesor e blogueiro analizará o mellor xeito de aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC. O relatorio organizarase este luns ás 17:00 horas no Salón de Actos de San Marcos. A entrada é libre e gratuíta, e o acto íntegro poderá seguirse en streaming na web da Deputación de Lugo.
Emprendemento - 14 Marzo 2015
Destina doce premios e catro accésit a proxectos creativos e innovadores. Os proxectos gañadores terán subvencionados os gastos de estancia por un período dun ano nos espazos Incuvi.
Emprendemento - 13 Marzo 2015
Unha compañía galega saca ao mercado o smartbot v2, un robot cortacésped que se manexa desde o móbil, tablet ou dispositivo electrónico. Pode esquivar obstáculos e contrarrestar desniveis para evitar o envorco.
Emprendemento - 12 Marzo 2015
Busca impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, titulados e tituladas e persoal investigador.
Emprendemento - 12 Marzo 2015
A Fundación La Caixa e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Enisa, convocan a novena edición dos Premios EmprendedorXXI. En Galicia colabora tamén IGAPE, o instituto de financiamento empresarial da Xunta.
Emprendemento - 11 Marzo 2015
A Universidade de Vigo quere que Ourense acolla un grao de Enxeñaría Aeroespacial. Este sector creceu un 300% nos últimos oitos anos, aínda que España "factura 10 veces menos" que outros países nunha áea con grandes perspectivas de crecemento.
Emprendemento - 11 Marzo 2015
As asesorías contábeis son un dos actores mellor posicionados para avaliar se, efectivamente, hai recuperación económica. Juan M. Carreira, da asesoría luguesa Sampayo y Carreira, explica nesta entrevista que a pé de rúa non se nota mellora; e que se medran as altas é porque moitos recurren a facerse autónomos tras non poder acceder ao mercado laboral. Na súa opinión, hai máis axudas para comezar un negocio, pero están insuficientemente dotadas.
Emprendemento - 10 Marzo 2015
O Consello Empresarial para a Competitividade (CEC) prevé que a economía medre por riba do 2 por cento o próximo ano. Esta patronal reclama axudas para aumentar o tamaño das PEMEs que poden exportar.
Emprendemento - 10 Marzo 2015
IVE Free facilita o control dos tickets de gasto e a desgravación do IVE dos gastos profesionais dos que só se conta con comprobante en papel.
Emprendemento - 10 Marzo 2015
Até o 23 de marzo hai prazo para solicitar un espazo no Viveiro de Empresas de Base Tecnolóxica da Universidade da Coruña.
Emprendemento - 09 Marzo 2015
O centro de emprendemento Galicia Open Future -GOF- de Telefónica e o Círculo de Empresarios de Galicia, a través da súa rede de investidores privados -Redinvest- desenvolverán hoxe, a partir das 16:00 h., e na sede do centro situada na Cidade da Cultura de Santiago, unha xornada dirixida a mostrar aos emprendedores integrados en GOF os mecanismos para superar con éxito unha rolda de investimento.
Emprendemento - 09 Marzo 2015
Cunha contía máxima que pode chegar a 8.000 euros, puxéronse en marcha un taller de restauración, unha clínica dental, unha tenda ‘delicatessen’ física e en liña, ou un proxecto de agricultura ecolóxica, entre outras empresas da convocatoria do ano pasado.
Emprendemento - 09 Marzo 2015
Blucus é a primeira empresa de e-comerce de turismo mariñeiro pensada para potenciar un sector con ofertas turísticas e packs gastronómicos.
Emprendemento - 07 Marzo 2015
Esta Feira agroalimentaria e de artesanía permanecerá do 6 e 10 de marzo na Praza de San Marcos de Lugo en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas. O evento completarase con ponencias e coloquios e rematará cunha entrega de premios en recoñecemento ao labor de mulleres do rural
Emprendemento - 06 Marzo 2015
A muller emprendedora será a protagonista do acto conmemorativo organizado pola USC con motivo do Día Internacional das Mulleres e que presidirá o reitor da USC Juan Viaño este venres 6 a partir das 17.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Emprendemento - 06 Marzo 2015
O Foro Tecnolóxico de Emprego inaugurou este mércores a súa décimo quinta edición con novos folgos e co impulso que dá a participación no evento de máis de 30 empresas. Os estudantes de Enxeñería teñen a posilidade de atopar oportunidades de negocio.
Emprendemento - 05 Marzo 2015
Máis de 50 empresas audiovisuais con expositores, 30 relatorios e espazos para o networking son algúns dos atractivos do "Ourenseiccweek", que pretende atraer expertos tecnolóxicos e marcas de referencia dende o 23 de marzo.
Emprendemento - 04 Marzo 2015
Encontros con profesionais recoñecidos e unha reunión de blogueiros especializados na gastronomía don dúas das referencias do apetitoso menú do Salón Internaconal de Turismo Gastronómico, que reune en Expourense a máis de 140 expositores.
Emprendemento - 04 Marzo 2015
Pekecha recibiu o Premio Aedi Creatividad 2014 á mellor empresa na categoría "Proxecto empresarial xestionado por mulleres". Estes premios están vinculados ao I Congreso Creatividade e Ideas - Aedi e busca premiar proxectos que dalgún modo destacasen de forma especial dentro do panorama nacional ao longo do 2014. Falamos con Veronica Ramallal, socia fundadora de Pekecha.
Emprendemento - 03 Marzo 2015
A formación, de carácter especializada e gratuíta, será impartida por axentes de IAB Spain, a asociación que representa ao sector da publicidade en medios dixitais en España.