O Día da Muller

GC Aberto - 08 Marzo 2011

Como acontece con outros días dedicados a diferentes causas, serán hoxe moitos os datos que os medios difundirán para nos recordaren a situación xeneralizada de desigualdade que as mulleres padecemos na nosa sociedade e tamén a nivel mundial. Dende Implicadas no Desenvolvemento queremos facer fincapé nas conexións estreitas que existen entre o modelo de sociedade que levou á crise galega actual, o patriarcado e as raíces da pobreza.

O periférico de Santiago

GC Aberto - 08 Marzo 2011

EU Compostela considera unha das labores máis importantes de calquera concello a de velar pola seguridade dos seus habitantes, realizando, por exemplo, un exhaustivo mantemento das estradas e beirarrúas polas que transitan os veciños e veciñas.

Xoán Curiel, impicado contra o infanticidio feminino

GC Aberto - 07 Marzo 2011

A ONG Implicadas no Desenvolvemento estará presente no próximo concerto de Xoán Curiel, con Xabier Olite, Álvaro Trillo, Sergio Tannus e Carlos Freire.

Lectura do Informe Pisa 2009

GC Aberto - 07 Marzo 2011

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística fai unha lectura do Informe Pisa 2009. Neste informe internacional móstrase que o uso vehicular da lingua galega en diferentes materias non empeceu a competencia lectora nin científica do alumnado galego e que na maioría dos ítems analizados o alumnado galego está por riba da media das comunidades que teñen unha única lingua.

Bastos Boubeta: " Non fagades caso do que vos din dos institutos"

GC Aberto - 07 Marzo 2011

Acto de presentación das Novas Xeracións de Melide o ano pasado.

O BNG de Vilaboa estrea web electoral

GC Aberto - 06 Marzo 2011

Sustitúe a infobloque-vilaboa.com e está orientada ás redes sociais

Política, urbanismo e fiscalidade

GC Aberto - 05 Marzo 2011

Galicia precisa pór en valor as súas capacidades intrínsecas e para iso é necesario o ordenamento as súas potencialidades, a crise á parte de sumirnos na complexidade, puxo de manifesto a caducidade do sistema existente e a entrada en escena dun novo ciclo. O establecemento dun formato socio ?económico heteroxéneo é a única fórmula capaz de achegar activos eficaces para paliar a actual depresión. A redefinición dun Plan Director Territorial Galego e a modificación da Lei do chan de Galicia en consonancia aos novos tempos e en adecuación a un modelo socio económico diferente e renovado, é o primeiro paso para pór en marcha a locomotora do cambio de ciclo, e a única dirección para saír da vía morta na que nos atopamos estacionados. Obviamente a modificación dos Plans Xerais de Ordenación Municipal, haberá de ser o obxectivo final e a posta en práctica do necesario cambio territorial como aposta pola estabilidade socio económica, pois demostrado queda que o vixente está caduco.

O alcalde de Salvaterra recolle currículos para unha fábrica que só é un proxecto

GC Aberto - 03 Marzo 2011

O BNG denuncia o clientelismo político que está a facer o alcalde de Salvaterra de Miño a conta da Mitsubishi ante as eleccións municipais. Arturo Grandal, alcalde do PP ataca de novo a limpeza democrática recollendo currículos para a planta de baterías cando a empresa non confirmou a súa instalación.

A CdC, a pasarela, o teleférico e outras ocorrencias

GC Aberto - 02 Marzo 2011

Esquerda Unida manifesta a súa total oposición aos proxectos presentados para unir a CdC co resto da cidade, tanto á vella ocorrencia do teleférico –con partida orzamentaria prevista- como a máis recente dunha pasarela, ambas criticadas con dureza polo Icomos, organismo dependente da UNESCO. para a súa construción, o supeditada que está a política do equipo de goberno á CdC.

Israel é. Por Natalie Portman

GC Aberto - 02 Marzo 2011

Onde nacín. Onde comín o meu primeiro caramelo e aprendín a ir soa ao cuarto de baño. Onde algúns dos meus amigos adolescentes pasan as noites vestídos, durmindo cun casco posto. Onde gardas e seguridade son as únicas profesións en excedente. Onde os desertos florecen e as historias dos pioneiros son romantizadas. Onde un coxo doce e cheo de espiñas simboliza o ideal israelita. Onde a inmigración cara Israel é chamada “ascender” e emigrar de Israel chámase “descender”. Onde os meus avós non naceron, pero onde eles se salvaron.

Converxencia XXI culpa o Concello de Tui da paralización urbanística

GC Aberto - 02 Marzo 2011

O secretario xeral de Converxencia XXI e candidato a alcalde de Tui, Carlos V. Padín, lamentou onte a "nova pero inevitable paralización do urbanismo tudense", e responsabilizou dela o equipo de goberno municipal, pola súa torpeza, incapacidade de xestión e ganas de usar o urbanismo do noso concello para proveito das empresas das que o alcalde é apoderado.

O Concello de Ponteareas non ten que lle preste cartos

GC Aberto - 01 Marzo 2011

O BNG informa que bancos e caixas néganse financiar a débeda de 2.340.000 con FCC pola recollida do lixo.“Xa ninguén se fía da nefasta xestión de Solla como alcalde”, di Bolívar González.

Herexía diverxente

GC Aberto - 27 Febreiro 2011

A estratexia do PSOE, consiste en borrar da mente dos electores as nefastas políticas aplicadas e vender alternativamente o propagado “pacto social” como táboa salvación de todos os males, reforzando a mensaxe de creación de novos postos de traballo como referente estrela da súa campaña de axitación

11.000 alumnos no festival en rede “ A Semana das Curtas”

GC Aberto - 26 Febreiro 2011

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo, en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL, promoven un festival audiovisual en rede entre o alumnado que se celebrará do luns 28 de febreiro até o venres 4 de marzo. A dous días do comezo están escritos ao redor de 11000 alumnos de máis de 80 centros.

Deficiente mantemento das estradas en Santiago

GC Aberto - 24 Febreiro 2011

Esquerda Unida Compostela ratifícase, unha vez máis, en que unha das principais labores dos concellos e a de velar pola seguridade viaria, realizando, por exemplo, un exhaustivo mantemento das estradas e beirarrúas.

Derrogación da Lei de augas de Galicia

GC Aberto - 22 Febreiro 2011

A aprobación da lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia, polo Parlamento Galego abre un panorama regresivo por canto avanza un modelo de xestión das augas do país caracterizado polo afán recadatorio e privatizador ao respecto dun ben fundamental como é o auga. O texto contempla varias cuestións que supoñen unha regresión sobre a actual situación e que moven a EU Compostela a recabar un pronunciamento a prol da súa modificación por parte do concello de Santiago.

80 nenos competirán o próximo curso por 54 prazas no único CEIP do Milladoiro

GC Aberto - 22 Febreiro 2011

Asociacións de pais e de nais ultiman a convocatoria dunha manifestación para esixir que se atendan con urxencia as necesidades educativas deste núcleo.

Adxudicación dunha rúa ao "mestre de mestres" Herminio Barreiro en Santiago

GC Aberto - 20 Febreiro 2011

Todas as persoas somos importantes. Pero hai persoas que trascenden os propios espazos concretos da vida cotiá pola súa traxectoria humana. Herminio Barreiro pertence, sen ningún xénero de dúbida a este tipo de persoas.

O BNG solicita a comparecencia no Parlamento do Secretario Xeral para o Deporte polo “caso canastra”

GC Aberto - 19 Febreiro 2011

O deputado do BNG Henrique Vieitez presentou unhasolicitude de comparecencia no Parlamento pola que José Ramón Lete terá que explicar por qué concedeu 40.000 € ao Concello de Mondariz sen cumprir ningunha das bases da convocatoria.

Encontro de docentes equipos pola normalización

GC Aberto - 18 Febreiro 2011

A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela a partir das 10,00h.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.