O alcalde de Mondariz certifica a construción dunhas pistas inexistentes

GC Aberto - 12 Febreiro 2011

A obra, pola que se aboaron 50.000 €, foi adxudicada a dedo a unha empresa, vulnerando a Lei de Subvencións.

Apagón Xeral

GC Aberto - 11 Febreiro 2011

Martes 15 de febreiro de 22 a 22.30

Esquerda Unida cos veciños do barrio de San Pedro

GC Aberto - 11 Febreiro 2011

Unha delegación de Esquerda Unida Compostela, encabezados polo coordinador comarcal Xabier Ron, reuníronse o mércores 9 de febreiro coa directiva da asociación de veciños e veciñas “A Xuntanza” do barrio de San Pedro, dentro do programa de visitas ao tecido do movemento asociativo e veciñal de Compostela, co fin non só de pulsar as distintas opinións sobre a situación da cidade, e coñecer de primeira man as súas eivas e tamén as posibles solucións, senón tamén de facelos partícipes na conformación do programa político e social de cara ás vindeiras eleccións municipais.

Verdegaia: A moción das presas é "necesaria mais non suficiente"

GC Aberto - 10 Febreiro 2011

A aprobación por unanimidade no Parlamento da moción presentada polo PSOE, co respaldo do BNG, no que se recoñece a sobreexplotación hidroeléctica dos ríos galegos é unha boa noticia para os nosos ríos e unha resposta á demanda que as asociacións ecoloxistas e grande parte da cidadanía viña facendo especialmente desde os anos noventa.

Israel e nós. Por Josep-Lluis Carod-Rovira

GC Aberto - 10 Febreiro 2011

A Israel sucédelle, no mundo, algo semellantemente a aquilo que, en España, ocórrelle a Catalunya. Todo é escoitar ou ver as palabras-faísca (Israel, xudeus, Catalunya, cataláns) e ao momento préndese o lume da prevención, da sospeita ou da criminalización inmediata. A súa simple mención ten a virtude de provocar reaccións irracionais de rexeitamento, alerta ou culpabilización, de pór en garda todo o mundo, polo si ou polo non...

CCOO, CSIF e UGT tratan de impedir mesas itinerantes nas eleccións de funcionarios da Xunta

GC Aberto - 09 Febreiro 2011

CCOO, CSI•F e UGT posicionáronse en contra de que existiran esas mesas co peregrino argumento de que os funcionarios e funcionarias de fóra da cidade “tienen 4 horas para votar” e “pueden venir a Ourense a hacerlo si quieren”.

A imprescindible construción dunha resposta

GC Aberto - 09 Febreiro 2011

Enfrontar a vaga de imposicións da insaciable cobiza dos mercados que esixen liberdade para estafar, precisa de todas as alianzas posibles; tamén desde a coincidencia xeopolítica e de intereses, non só desde a coincidencia cultural e ideolóxica.

Moción a prol da Casa das Mulleres en Santiago

GC Aberto - 08 Febreiro 2011

Esquerda Unida Compostela considera que unha das maiores obrigas de calquera concello é a loita real e efectiva pola igualdade de dereitos para todas as persoas, levando a cabo todas as medidas necesarias para acadar dita finalidade. Unha das maiores loitas, que por desgraza aínda hoxe cómpre levar a cabo, é erradicar as desigualdades que se producen por cuestión de sexo, debido á nosa cultura patriarcal e machista, polo que EU Compostela xa presentara unha moción o pasado 25 de novembro, esixindo unha casa de acollida para mulleres que sofren calquera tipo de maltrato. Pero a loita pola igualdade de xénero ten que, ademais de levar a cabo todas as medidas necesarias para axudar as mulleres maltratadas, ser constante na concienciación diaria para rematar con esta lacra, medida pola cal é recomendable a creación da Casa das Mulleres.

Convidamosvos ao Círculo Poético Aberto

GC Aberto - 08 Febreiro 2011

Este sábado, 12 de febreiro ás 21h, en Vigo

Acto contra a caza

GC Aberto - 07 Febreiro 2011

Colectivo antiespecista galego realizou na mañá do pasado sábado 5 unha performance na praza do Toural de Santiago, na que simularon unha escena de caza como denuncia a esta práctica. Posteriormente ficeron unha concentración con paneles informativos e leron un manifesto para expresar o seu rexeitamento contra este tipo de acción e ofrecer datos sobre a caza.

Israel novamente só?

GC Aberto - 06 Febreiro 2011

Os israelís queren alegrarse polo estalido de protestas nas prazas das cidades de Exipto. Desexan crer que o mundo árabe experimente o seu momento 1989 (liberación da Europa do Leste). Talvez, se din, o velenoso reflexo de culpar ao estado xudeu de todos os males do Oriente Medio será substituído por unha honesta auto-avaliación. Pero poucos israelís cren realmente nun resultado final esperanzador.

Incidente no concurso de acredores de ANT

GC Aberto - 06 Febreiro 2011

Os ex-traballadores de Promocións Culturais Galegas acaban de presentar un incidente concursal no proceso de suspensión no que se mantén a editora do histórico semanario A Nosa Terra (ANT). Os ex-asalariados denuncian que a empresa está a incumprir a lei ao negarse a pagar o salario de outubro e a liquidación dos 24 despedimentos.

"Sectarismo e manipulación" do Observatorio da Lingua Galega da Xunta

GC Aberto - 04 Febreiro 2011

O presidente da Mesa Carlos Callón di que “a Xunta censura as noticias da Mesa nos seus boletíns semanais sobre novidades lingüísticas galegas e internacionais”.

Ordem e Progresso en Vilagarcía de Arousa

GC Aberto - 03 Febreiro 2011

Carlos Blanco e o Sergio Tannus Trío, nun espectáculo, con humor e música do Brasil, para adultos.

Música emerxente galega

GC Aberto - 02 Febreiro 2011

Bourando desde 2002, Deseqilibrio Mental presenta o seu primeiro disco de longa duración "Con Q sin U gravado nos Estudios Pusadas Son.

O antroido de Cerceda recupera Os Chascos

GC Aberto - 02 Febreiro 2011

Mofas, sátiras, sarcasmo ó máis puro estilo tradicional e sobre todo ganas de troula serán os protagonistas na vila desde hoxe, martes, 2 de febreiro, Día de Candeas e ata o 12 de marzo, cando os veciños lle prenderán lume ó Choqueiro e se dará por concluida unhas das citas máis destacadas da comarca e exemplo de asociacionismo e convivencia poboacional.

Cae os prezos da madeira pola xestión da praga, como advertira o BNG

GC Aberto - 02 Febreiro 2011

Prezos inferiores ao 50% dos habituais para madeiras de alta calidade, reforzan a necesidade de adoptar os sistemas de xestión alternativos que propuxo o BNG. A consellería volve improvisar e rectifica anunciando agora a organización de poxas colectivas para tentar parar a baixada dos prezos que provocou co seu modelo de xestión.

Sen beirarúas na Divina Pastora de Santiago

GC Aberto - 02 Febreiro 2011

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera, unha vez máis, que os Concellos, como servizo público que son, deben velar pola seguridade e benestar dos seus habitantes acometendo as actuacións necesarias para logralo.

Os sindicatos de xornalistas critican os despedimentos en Prisa

GC Aberto - 31 Xaneiro 2011

Os novos donos do grupo Prisa (El País, Cinco Días, Cadena Ser...), un grupo estadounidense que se dedica a investir en bolsa, anunciaron que van despedir a 2.500 traballadores (2.000 deles en España). Polo seu elevado número, trátase do maior mazazo contra o xornalismo e contra o dereito á información da cidadanía, que se suma aos 400 empregos perdidos en devandito grupo por baixas incentivadas, prexubilacións, recortes de persoal e o peche de Localia TV.

Ornela Fernández Salgado: "chegou o tempo da esperanza"

GC Aberto - 31 Xaneiro 2011

A candidatura do BNG de Vilaboa ás vindeiras eleccións locais do 22 maio botou a andar na tarde de onte a andar. Nun acto celebrado na Casa dos Montes de Santa Cristina diante dun cento de veciños e veciñas, Ornela Fernández Salgado desvelou cales van ser as liñas mestras dun goberno do BNG durante os vindeiros catro anos ademais de presentar aos integrantes la lista eleitoral.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.