"Seguiré corriendo"

GC TV - 28 Maio 2010

E Sergio Vallejo resposta a Luis Moya. Segundo o piloto, as principais diferencias eran no xeito de traballar e a maneira que Moya dirixía ao equipo.

Moya explica a marcha de Vallejo

GC TV - 27 Maio 2010

Luis Moya, director deportivo do Nupell Global Racing, explica a súa versión da saída do piloto Sergio Vallejo deste equipo.

Loa ao español

GC TV - 25 Maio 2010

O locutor de EsRadio, Federico Jiménez Losantos, arremete contra o plurilingüismo no Estado logo da proposta aprobada no Senado para estudar a posibilidade de que se poida utilizar o galego, catalán e euskera no Senado. "El Reino de Galicia existió, poco pero existio", apunta para lembrar que gracias aos reis católicos "gallegos y catalanes se pueden entender".

Quen vive aí?

GC TV - 25 Maio 2010

O programa ¿Quién vive ahí? de La Sexta visitou A Coruña para entrevistar aos propietarios desta casa de 600 m2, a familia Abeijón.

Facendo o parvo na estrada

GC TV - 24 Maio 2010

Un grupo de mozos pasa o tempo incomodando aos conductores dun vial galego ao instalar un falso radar mobil.

A canción de Mostovoi

GC TV - 21 Maio 2010

Un coñecido programa radiofónico ruso adícalle unha canción a quen foi un dos cracks futbolísticos do seu país; Alexander Mostovoi. No tema hai referencias á súa estancia no Celta e ao futbol español.

Os "boinas verdes" fan o Camiño

GC TV - 20 Maio 2010

Un grupo de 58 "boinas verdes" pertencentes ao Mando de Operacións Especiais, con sede en Alicante, está a facer o Camiño desde Alicante a Santiago. Máis de 1.000 quilómetros que pensan percorrer en cinco días.

"Si Caixanova no sigue sola, no me presento"

GC TV - 19 Maio 2010

Nos últimos días, populares e socialistas acusanse de mentir a conta dunhas declaracións do alcalde de Vigo sobre a fusión das caixas. Nunha entrevista en Televigo, Caballero aseguraba que non se presentaría como candidato as municipais do 2011 se Caixanova non "seguía soa" porque se se fusionaba con Caixa Galicia "se la absorbe Coruña"

Miss Ourense pasa ao porno

GC TV - 18 Maio 2010

Irene López, Miss Ourense 2009, acaba de dar ao salto ao porno da man da súa actual parella, o cubano Dinio Garcia. Así relata a súa experiencia ás portas do Salón Erótico de Barcelona

Galicia nos mapas

GC TV - 17 Maio 2010

Nos mapas medievais trazados tanto por cristiáns coma por musulmáns, o noroeste da peninsula ibérica aparece claramente denominado como Galicia. Tanto Asturias como León aparecen asociados a Galicia nestes mapas. O reino de Galicia foi o primeiro reino medieval de Europa ( 410-1486).

Un comando contra a SGAE

GC TV - 15 Maio 2010

"O Comando de Liberacion de Bens Culturais de Uso Comun" declara Cerceda Zona Libre da SGAE.

Unha paranoia estraterrestre

GC TV - 12 Maio 2010

Nas últimas semanas son varios os medios que teñen aos marcianos ou as naves espaciais como referente. O último en apuntarse ao carro é Correo TV cunha montaxe na que fala un suposto membro da "Asociación de Abducidos de Compostela"... Todo un fenómeno.

O líder de Wilco tocará en Vigo

GC TV - 10 Maio 2010

Jeff Tweedy, alma mater da banda de rock dos EE.UU. Wilco, actuará en solitario o próximo verán en Vigo. O guitarrista tocará en acústico na cidade olívica o próximo 9 de xullo en Vigo, segundo adiantan as promotoras Avant Leisure e Música es Amor.

O euro e a inflación

GC TV - 07 Maio 2010

A Unión Europea quere calmar aos socios da unión e aposta por un euro estable para conter a inflación, sobre todo, agora que as especulacións e a mala situación de Grecia poden levar a unha nova crise bursátil.

As cores da nosa costa

GC TV - 06 Maio 2010

A paisaxe galega costeira non se entende sen as súas construcións e as construcións tradicionais sen as súas cores. Algúns pintaban as casas co que lles sobraba de pintar as embarcacións e outros moitos as caleaban. Unha tradición que xa se está a perder.

O éxito de Gadis

GC TV - 05 Maio 2010

Este video resume a campaña publicitaria da marca Gadis, unha campaña que foi vista por máis dun millón de persoas en internet, tivo máis de 115.000 búsquedas na rede e 12.000 siareiros en facebook. Gadis aumentou as vendas en case un 5 por cento.

O PP celebra o 1 de maio

GC TV - 04 Maio 2010

Novas Xuventudes de Lugo celebrou o pasado 1 de maio un acto a prol do emprego no que tamén participou o presidente provincial, Xosé Manuel Barreiro, que criticou ao Goberno Zapatero.

O lobo en Galicia

GC TV - 03 Maio 2010

O naturista Pepe Salvadores, de ADEGA, explica o programa de conservación do Lobo en Galicia, así como as dificultades que afronta para a súa supervivienza. Marín foi o centro, este pasado abril, dunhas xornadas sobre a conservación deste animal mítico en Galicia.

A austeridade de Feijóo

GC TV - 02 Maio 2010

O presidente da Xunta acusa ao bipartito de deixarlle un "buraco" de 2.000 euros e unha situación de "profunda recesión económica". Unha situación, dixo, que afronta co "presuposto máis austero da historia de Galicia" e que se, ve, ademais, "recortado" por un "financiamento inxusto". Desta "austoridade" destacou que, agora, a Xunta ten "menos conselleiros, menos personal de gabinete, menos asesores" e "gastan menos nos desprazamentos dos altos cargos e cobramos menos todos os altos cargos deste goberno que os de gobernos anteriores. E, agora, ademais, menos organismos públicos". A entrevista é do propio Partido Popular.

O mundo desde unha carrilana

GC TV - 30 Abril 2010

Primeira baixada de carrilanas o pasado 25 de abril en Ourense, puntuable para o campionato galego de deportes de inercia. Aquí podedes ver a baixada da Carrilana Conservas Vegaesla cunha cámara onboard.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.