GC TV - 29 Abril 2010
Aquí tedes o enfrontamento entre Xosé Manuel Pérez Bouza e Manuel Fraga durante o debate dunha proposta de 34 senadores para a utilización das linguas cooficiais do Estado na Cámara Alta.
GC TV - 28 Abril 2010
Este é o lema co que se presentan os Comités ás eleccións á reitoría e ao claustro da USC. Este grupo de estudantes só se presenta ás segundas pero pide a abstención do alumnado para as primeiras porque "ningún/a dos e das sete candidatas a reitor representa un modelo alternativo para transformar esta universidade". Por iso piden o voto en branco para, segundo din, "non afundir con eles".
GC TV - 27 Abril 2010
O deseñador galego Adolfo Domínguez foi homenaxeado en 'Vive la moda'. O modista ourensán falou da súa traxectoria e dos seus plans futuros entre os que está abrir 60 novas tendas.
GC TV - 25 Abril 2010
Falange Española de las JONS celebra un acto público en Vilagarcía de Arousa no que carga contra o sistema democrático e os medios de comunicación. "Hay que hilar fino. No nos podemos dejar convencer con las mentiras que nos dicen por aí... La mentira gobierna hoy el mundo", asegura o dirixente falanxista. "¿Dónde se hicieron ricos estos hijos de satanás que están en el gobierno, en la oposición, en los medios...tenemos que hacer un ejercicio de reflexión para saber quienens somos. Ya lo dijo José Antonio; no hay que quedarse con la respuesta fácil, hay que ir más allá", asegura.
GC TV - 24 Abril 2010
Os fans do filme 'A guerra das galaxias' reuniranse a finais de maio en santiago de compostela para celebrar o 30 aniversario de "O imperio contraataca". Xa confirmaron asistencia máis de 400 fans de todo o mundo
GC TV - 22 Abril 2010
Baixo o título 'Os ósos baixo os que está feito a pedra", a produtora portuguesa Visoes Uteis realizou un documental para vender e promocionar á Cidade da Cultura.
GC TV - 21 Abril 2010
Castela e León aposta por unha macrorrexión con Galicia e o Norte de Portugal. O proxecto xa foi presentado a pasada semana, aínda que ten que ser presentado ás institucións españolas e europeas.
GC TV - 19 Abril 2010
Estas imaxes foron tomadas na primeira "Quedada" de Vigo. Un evento non oficial que reúne aos afecionados ao mundo do motor. O video foi gravado nun lugar próximo ao Ifevi.
GC TV - 18 Abril 2010
Un grupo de mozos se divirte montando unha mini-discoteca nun iate fronte a illa de Toralla, en Vigo.
GC TV - 16 Abril 2010
Canal TNT acaba de poñer en marcha unha interesante iniciativa nas redes sociais para mellorar a comunicación cos espectadores aproveitando as ferramentas 2.0
GC TV - 15 Abril 2010
Pro-castristas e anticastristas enfrontaronse o pasado venres fronte o Consulado de Cuba en Galicia. A protesta coincidiu coa presenza en Galicia de disidentes que realizaron o Camiño demandando máis liberdade en Cuba e remataron a súa peregrinaxe na sé institucional do Goberno cubano en Galicia.
GC TV - 14 Abril 2010
A Asociación Galega de Amigos dá Maquinaría Agrícola Clásica (AGAMAC) organiza a I peregrinación en tractor clásico a Santiago de Compostela que percorrerá os 167 quilómetros do tramo galego do Camiño.
GC TV - 12 Abril 2010
Este video, realizado en homenaxe ao presidente fundador do PP, recolle a traxectoria política de Fraga desde as súas responsabilidades no goberno de Franco ata o seu último acto de partido que tivo lugar hai poucos días en Valencia.
GC TV - 11 Abril 2010
O ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, lé a autores galegos. No programa Hoy de Iñaki Gabilondo, recomenda a novela "A praia dos afogados" de Domingo Villar.
GC TV - 09 Abril 2010
O programa da TVG 'Reporteiros' emitiu esta Semana Santa un programa especial adicado á Cidade da Cultura, un proxecto que segundo o ente público é unha "cidade emerxente e unha ambición arquitectónica". A reportaxe conta coa participación do propio Peter Eisenman e dos arquitectos que forman parte do seu equipo.
GC TV - 07 Abril 2010
Un espontáneo recibe ao presidente da Xunta cunha bandeira galega e o puño en alto durante a visita que realizou as instalacións de Xuventude Galicia Net.
GC TV - 06 Abril 2010
A Asociación LiberaONG de loita contra os dereitos dos animais ben de denunciar as prácticas dos cazadores galegos aos que acusa de sacrificar impunemente ás súas presas.
GC TV - 05 Abril 2010
Cinco mozos cubanos están facendo o Camiño da Liberdade, unha acción coa que pretenden chamar a atención para conseguir a liberación dos presos políticos cubanos e para homenaxear a Orlando Zapata Tamayo que morreu como consecuencia dunha folga de fame. O acto que amosa o video tivo lugar este domingo en A Coruña
GC TV - 28 Marzo 2010
Iñaki Cano, de Sport TV, realiza un test a Cesar Augusto Lendoiro. Entre as súas respostas destaca; que non ten móbil nin coche, que o último libro que leu foi "Deporte, politica e libro de bulso", que é un maniático do futbol e que prefire a esquerda que a dereita.
GC TV - 26 Marzo 2010
Interesante documento visual que resume o que foi a Guerra Civil en Galicia en pouco máis de cinco minutos.