Que prepara o PSdeG?

GC TV - 24 Marzo 2010

Ao longo deste mércores comezou a circular polas redes sociais un video do PSdeG que anuncia unha acción sorpresa dos socialistas. "Preparádevos, estade atentos ó que vai suceder", di este vídeo que, segundo fontes socialistas, "vai sorprender moito".

Rematando a un porco bravo

GC TV - 24 Marzo 2010

Ás veces a realidade supera á ficción. Neste video podemos ver como se remata a un porco bravo ferido. Chega a recibir máis de 15 coiteladas ante o acoso incesante dos cans de presa. Os cazadores aseguran que un animal coma este ferido é un "perigo" e por iso hai que actuar "rápido".

E Carmen Pardo proba co portugués

GC TV - 23 Marzo 2010

A secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, non ten ningún problema en tentar falar o portugués cando é preguntada por unha canle de televisión do país veciño. Aconteceu no último día da 11ª Edición do Salón Galego de Gastronomia e Turismo -Xantar- de Ourense adicado a Portugal. A diferencia dalgúns dos seus colegas do Goberno galego, Pardo non tivo problemas á hora de probar co portugués.

Feijóo e o tupamaro

GC TV - 22 Marzo 2010

O líder do PPdeG mantivo esta fin de semana unha entrevista de 30 minutos co presidente de Uruguai, o ex líder tupamaro José Mújica, no marco da visita do presidente galego a este país e Arxentina para participar nos congresos do PP.

Parkour en Galicia

GC TV - 21 Marzo 2010

Galizian Urban Project é una grupo de Parkour que levan tres anos gabeando e chimpando polos espazos urbanos de Vigo. no.

"As protestas son dunha minoría"

GC TV - 17 Marzo 2010

O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, defende o novo decreto do galego no ensino e asegura que as protestas sociais só as realiza un grupo que "representa a unha minoría da sociedade galega". "A inmensa maioría da sociedade está con nós e quere un cambio que é o que levamos nos", asegura.

"Amor en tiempos de cólera"

GC TV - 17 Marzo 2010

Montaxe humorístico da relación que manteñen Corina Porro e Abel Caballero en vigo

The Way xa é unha realidade

GC TV - 15 Marzo 2010

O filme protagonizado polo actor estadounidense de orixe galega Martin Sheen (Ramón Estévez) e do seu fillo, Emilio Estévez, director, xa ten trailer. Este filme narra a historia dun oftalmólogo de California que viaxa a Francia ao enterarse que o seu fillo faleceu nos Pirineos por mor dun temporal cando comezaba o Camiño. O pai decide facer a ruta por el portando as súas cinzas.

O meteorito de Outes

GC TV - 15 Marzo 2010

No inverno de 1994 un xigantesco obxeto luminoso percorre o ceo e remata por se estrelar no Concello de Outes. Unha equipa de prestixiosos cientistas da Universidade de Santiago localizaron o punto exacto no que impactou o suposto OVNI. As conclusións que aparecen no informe oficial elaborado apuntan distintas terorías; bolsas de auga, corremento de terras e, mesmo, meteoritos.

Accidentes nos rallies galegos

GC TV - 14 Marzo 2010

Os rallies galegos teñen provocado máis dun susto. A afección que existe neste país por este tipo de carreiras provoca, en moitas ocasións, situacións

Cachotes no porto de Vigo

GC TV - 12 Marzo 2010

A pesar do suposto acordo acadado entre a Autoridade Portugaria e o Concello de Vigo para limpar a vella nave de cableros, demolida por orde de Corina Porro e a oposición de Abel Caballero, o certo é que os cachotes seguen a vista de todos, sobre todo, nunha época na que comezan as tempadas dos cruceiros.

"En Madrid no metemos la gamba"

GC TV - 11 Marzo 2010

O xornalista, historiador e documentalista Alfonso Arteseros, colaborador de Intereconomía, convida ao alcalde da Coruña a "comer unhas gambas" en Madrid para explicarlle quen era Millán Astray "porque es parte de las historia de los españoles". E comparando aos coruñeses cos madrileños asegura; "nosotros en Madrid no metemos la gamba, nos la comemos".

Blanco ve cerca un pacto co PP

GC TV - 10 Marzo 2010

O número dous do PSOE instou ao PP a que se sume a un gran pacto polo emprego e lle pediu que se "comprometa" co "interés xeral de España" para que España volva a crecer e crear emprego. "El PP tiene que estar a la altura. Veo el acuerdo al alcance de la mano. Desde que propusimos este acuerdo el PP moderó sus críticas pero no entiendo como se dice que se comparten nuestras propuestas pero luego se rechazan", apuntou nun mitin en Lugo.

Eros Galicia á caza da muller

GC TV - 09 Marzo 2010

O Salón Eros Galicia 2010 pechou as portas logo dun fin de semana cheo de actividades no recinto feiral de Expocoruña coas mellores estrelas do porno galego e internacional. Este ano a afluencia feminina foi maior que o pasado ano pero houbo menos público que o pasado ano.

"Vida si, aborto no"

GC TV - 08 Marzo 2010

Preto de 400 persoas segundo os organizadores reclamaron este domingo na Coruña ao Goberno de Zapatero que respecte a vida e que renuncie ao novo proxecto lexislativo que permite a interrupción voluntaria do embarazo a menores.

Seis anos de Zapatero

GC TV - 05 Marzo 2010

Un vídeo crítico coa xestión de Zapatero repasa en imaxes os seus seis anos no poder.

Feijóo no Vaticano

GC TV - 04 Marzo 2010

Na rede xa circulan versións críticas coa visita do presidente galego ao Vaticano. Neste vídeo denunciase a presencia de Feijóo no Vaticano "só para facerse a foto".

O primeiro ano de Feijóo

GC TV - 03 Marzo 2010

O presidente da Xunta analiza nesta entrevista en Periodista Digital o seu primeiro ano de goberno. Tilda de "mentiras" que se teñan mercado novos vehículos de luxo na Xunta e asegura que "goberna para a maioría" e por iso o decreto do ensino do galego non será para os que queren a "inmersión en galego ou a inmersión en castelán".

"Más español"

GC TV - 02 Marzo 2010

A rede acaba de acoller a un novo grupo de "desencantados" coa política. Un dos seus primeiros videos é para criticar a política lingüística de Rajoy e Feijóo por non defender a docencia en español. "Esta web de España es un proyecto politico - social de código abierto, (el primer movimiento en España de este tipo), ésto significa que no tiene una línea política definida, no es de derechas ni de izquierdas, no es monárquica ni republicana, simplemente quiere recuperar nuestro pais libre de corruptos politicos, trepas y mafiosos que controlan los poderes fácticos para conseguir que la MasaBorreguera española se quede sin miembros y miembras, es decir una España con ciudadanos que piensen y razonen", din os impulsores desta iniciativa, masaborreguera.com.

Novo video da campaña "Orgullosos do galego"

GC TV - 25 Febreiro 2010

A Coordinadora Galega de ENDL continúa coa súa campaña a prol do galego. Desta vez cun video na que outros artistas galegos destacan a importancia do galego no mundo. "Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo", reza o lema deste novo video


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.