Lingua - 16 Marzo 2018
Piden que se regule esta “situación inxusta e prexudicial” para o ensino da lingua portuguesa en Galicia e consideran que “existe un claro desleixo e unha desvantaxe comparativa a outras linguas estranxeiras”.
Lingua - 13 Marzo 2018
Descendentes de galegos e cataláns con curiosidade pola nosa cultura e lingua apréndena en Barcelona. Son neofalantes sen contacto directo co país que cren nas posibilidades do noso idioma. “O caso máis bonito para min é o de Héctor, un home catalán casado cunha muller de descendencia galega, que acaban de ter unha cativa e queren educala en galego”, asegura o impulsor da primeira cooperativa de ensino da nosa lingua en Cataluña.
Lingua - 12 Marzo 2018
Expertos das tres universidades galegas, do Instituto Galego de Estatística e do ensino medio colaboraron nesta tarefa.
Lingua - 11 Marzo 2018
A campaña Minority Safepack leva recollidas máis de 835.000 firmas para presentar unha Iniciativa Cidadá Europea que obrigue ás institucións da UE a salvagardar os dereitos das minorías nacionais, culturais e lingüísticas. O obxectivo é chegar ao millón para poder pedir á Comisión Europea que presente unha proposta de lexislación.
Lingua - 05 Marzo 2018
Utilizaron á entidade Galicia Bilingüe para enviar un comunicado no que din sentirse "acosadas".
Lingua - 05 Marzo 2018
As empregadas da delegación autonómica chegaron a dicir cousas como "Yo sólo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego" ou "Ojalá volviese Franco. Buena falta hacía", segundo a denunciante.
Lingua - 05 Marzo 2018
A Mesa esixe á Xunta que actúe ante a "agresión lingüística" a unha muller na delegación autonómica en Lugo. Denuncia que dúas funcionarias se negaron a atendela en galego e que unha mesmo se declarou franquista.
Lingua - 02 Marzo 2018
Un proxecto no Ramón Piñeiro abordará o desenvolvemento de tecnoloxías da fala nos ámbitos computacionais. Tamén se fomentará a investigación lingüística e literaria da lingua galega.
Lingua - 22 Febreiro 2018
“Por moito monolingüismo que se queira impoñer, non se coñece mellor unha lingua”, asegura o presidente galego que suliña que a situación do coñecemento do galego é o mellor de todas as nacionalidades históricas con lingua propia.
Lingua - 21 Febreiro 2018
A Real Academia Galega alerta no Día da Lingua Materna da creba da transmisión lingüística interxeracional. Reclama un compromiso sincero, unha acción eficaz e iniciativas máis ambiciosas por parte do Goberno e do conxunto das institucións galegas e dos axentes sociais para atallar esta tendencia.
Lingua - 21 Febreiro 2018
Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística celebran esta data no Museo do Mar, onde se atopa exposta temporalmente unha das grandes alfaias da lingua galega, o pergamilño coas cantigas de Martín Códax.
Lingua - 19 Febreiro 2018
A entidade bancaria resposta que tamén terá en galego toda a documentación que os clientes soliciten tras unha petición feita pola Mesa.
Lingua - 16 Febreiro 2018
A Escola Oficial de Idiomas de Santiago organiza unhas xornadas sobre literaturas estranxeiras en galego. O encontro celebrarase o 14 de marzo e a el achegaranse profesionais da tradución. Será unha mesa redonda que dará paso a talleres para traducir desde diferentes linguas.
Lingua - 15 Febreiro 2018
A RAG xunta 'No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos' 29 achegas de poetas, escritores, académicos, investigadores e xornalistas para entender a realidade social e cultural da Galicia contemporánea.
Lingua - 15 Febreiro 2018
O PSdeG critica o “desleixo “ da Xunta para mellorar o uso do idioma entre os profesionais das leis e advirte da súa “irrelevancia” no Ministerio Fiscal en Galicia.
Lingua - 13 Febreiro 2018
Juan R. Coca, profesor de socioloxía da Universidade de Valladolid e director da Revista Sociología y Tecnociencia critica durantemente nunha carta publicada no GC Aberto a iniciativa de Ciudadanos por non entender o contexto social de determinadas zonas do Estado.
Lingua - 09 Febreiro 2018
Quere aproveitar a crise catalá para facer política atacando a pluriculturalidade do Estado. Remitirá ao Congreso unha lei para prohibir que o galego, o catalán ou o euskera sexan requisito para ser empregado público. Unha proposta que podería ser anticonstitucional.
Lingua - 03 Febreiro 2018
A Mesa presenta o balance anual de 'A liña do galego', a ferramenta para velar polos dereitos lingüísticos. As institucións que dependen da Xunta son as que máis queixas acumularon en 2017.
Lingua - 03 Febreiro 2018
Un usuario denuncia a negativa do operador aeroportuario a prestarlle o servizo en lingua galega. Gravación no interior.
Lingua - 02 Febreiro 2018
O colectivo Fala Ceive remítelle ao Parlamento de Galicia e ás Cortes de Castela e León unha proposta de fomento desta lingua.