Colectores de reciclaxe en Neda/galiciaartabradixital.com

Cada galego recicla máis de 23 quilos de envases ao ano

Medio Ambiente - 18 Maio 2016

Galicia reciclou 59.165 toneladas de envases domésticos en 2015. Pola súa banda, Sogama remitiu á industria recicladora entre 2008 e 2015 case 200.000 toneladas de envases, máis da metade dende o lixo convencional.

O lobo mariño Camelle, recuperado pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños / CEMMA.

O lobo mariño Camelle volve ao mar tras 85 días de recuperación en Galicia

Medio Ambiente - 17 Maio 2016

O exemplar foi atopado o pasado 21 de febreiro con diversas feridas, unha contusión ocular con perda de visión do ollo esquerdo e unha forte afección pulmonar. A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños conseguiu recuperalo e agora xa viaxa cara o sur de Irlanda para ser liberado.

Un poliño de píllara papuda, unha especie en perigo de extinción en Galicia / AXENA

Ecoloxistas critican á Xunta pola perda de dous niños dunha especie en perigo de extinción

Medio Ambiente - 07 Maio 2016

Din que , a pesar de que foi informada, os seus técnicos non foron a balizar e protexer a zona de cría da píllara papuda, unha especie moi vulnerable á presenza do home.

Praia de Rodas, nas illas Cíes.

Galicia mantense á cabeza en bandeiras azuis, pero perde o primeiro posto en praias

Medio Ambiente - 06 Maio 2016

A comunidade galega acada este ano 141 bandeiras azuis para areais, portos, centros e sendeiros, e ocupa así o primeiro posto nestes distintivos. Porén, perde oito distintivos para praias e é superada pola Comunidade Valenciá.

Protesta da asociación Lugo de cara ao Miño contra un dique neste río para alimentar unha minicentral eléctrica / ADEGA

Piden a Medio Ambiente a retirada dun dique ilegal do Miño

Medio Ambiente - 05 Maio 2016

Adega denuncia que as obras do dique non pasaron ningunha avaliación de impacto ambiental.

Unha parella de vencellos / yalosabes.com

A muralla de Lugo oculta unha das colonias máis importantes de España de vencellos comúns

Medio Ambiente - 05 Maio 2016

A Sociedade Española de Ornitoloxía realizará un estudo do seu estado.

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha

“Se nos comparamos con outras partes, en Galicia temos bastantes zonas dos ríos en bo estado”

Medio Ambiente - 03 Maio 2016

Responsables de Augas de Galicia e da Confederación Miño-Sil destacan o bo estado das augas fluviais galegas e apostan por unha conservación dos ríos que pase por unha abordaxe integral das concas.

Posta de sol desde os bancos máis duros do mundo, no Miradoiro de do Coto do Rei en Fene

Fene presenta Os Asentos Máis Duros do Mundo

Medio Ambiente - 27 Abril 2016

Trátase de catro bancos de pedra situados no Miradoiro do Coto do Rei, un lugar desde o que se divisa toda a Ría de Ferrol.

Investigadores da CEMMA, na campaña de monitorización dos arroaces nas Rías Baixas, a bordo do barco

Cantos arroaces hai nas Rías Baixas?

Medio Ambiente - 26 Abril 2016

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños desenvolve un proxecto de monitorización destes cetáceos para cuantificar os exemplares e mandas, e descifrar o seu proceso de renovación poboacional.

Unha voluntario de Mar de Fábula amosa orgullosa o lixo recollido en Touriñán / QPC

Operación limpeza no cabo Touriñán

Medio Ambiente - 25 Abril 2016

Un grupo de voluntarios de Mar de Fábula xuntou 32 sacos de lixo deste entorno natural nunha xornada de limpeza que tivo lugar a fin de semana.

Lidia Senra nas Xornadas realizadas por AGE en Europa sobre a situación enerxética de Galicia

Lidia Senra acusa ás grandes empresas enerxéticas do deterioro do medio ambiente

Medio Ambiente - 23 Abril 2016

Varios expertos no ámbito enerxético sinalan a necesidade urxente de mudar o actual modelo e critican que, a pesar dos seus recursos naturais, Galicia sexa "un dependente de enerxía".

Miguel López Pérez, o último arpoador galego.

O último arpoador galego de baleas

Medio Ambiente - 21 Abril 2016

Miguel López Pérez, cazador de baleas durante tres décadas, explica a dúas alumnas do CPI dos Dices, en Rois, a súa vida no mar como arpoador.

Imaxe dalgunhas pezas realizadas no proxecto Arcopol / DUVI.

Obxectivo: mellorar a loita contra as verteduras químicas no mar

Medio Ambiente - 18 Abril 2016

O grupo Divulgare, da Universidade de Vigo, volve ao mar para mellorar a prevención e resposta fronte a vertidos químicos accidentais.

V Andaina pola proteción da Serra do Galiñeiro

Medio milleiro de persoas volve reclamar que o Galiñeiro sexa parque natural

Medio Ambiente - 18 Abril 2016

Coa música de gaiteiros de morgadáns, os pomeas de Manolo Pipas e o manifesto que leu o escritor Fran Alonso, centos de persoas volveron subir a este mítimo monte do Val Miñor para pedir unha maior protección.

Zona Especial de Protección de Aves (ZEPA) en Muiños, na Baixa Limia - Serra do Xurés / Xunta.

O Xurés, un modelo europeo de renaturalización de terras abandonadas que favorece a biodiversidade

Medio Ambiente - 15 Abril 2016

Un estudo do Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña e da Universidade de Santiago de Compostela toma o Parque Natural galego como espazo representativo das terras de montaña do sur de Europa nas que a redución do control humano sobre a paisaxe ten efectos positivos sobre a biodiversidade.

Rescate dun dos arroaces atopados na Toxa / CEMMA.

Rescatan unha femia de arroaz e a súa cría na Toxa

Medio Ambiente - 13 Abril 2016

Os dous exemplares foron devoltos ó mar grazas a un amplo dispositivo coordinado pola CEMMA.

Aproveitamento de biomasa.

“A extracción da biomasa forestal para uso enerxético pode axudar a reducir os incendios”

Medio Ambiente - 12 Abril 2016

Un estudo feito en Cataluña e liderado polo científico galego Adrián Regos revela que o uso de biomasa para bioenerxía permitiría mellorar as estratexias de prevención de lumes forestais.

Obras denunciadas no entorno do río Tea, en Ponteareas

Os ecoloxistas denuncian as obras do Concello de Ponteareas nun espazo da Rede Natura

Medio Ambiente - 11 Abril 2016

ADENCO critica a realización de obras irregulares no entorno do río Tea, preto do Castro da Croa. O concello pretende realizar un sendeiro fluvial.

A contorna da fervenza Fridauga, afectada por Vodafone

As obras dunha compañía telefónica danan unha fervenza no monte Xiabre

Medio Ambiente - 11 Abril 2016

O entorno da fervenza foi inzado e postes de cemento, aínda que no proxecto orixinal se recollía que os cables ían ser soterrados ou en postes de madeira.

Grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da Universidade de Santiago / USC.

Galicia participa nun dos mellores proxectos europeos LIFE+ de medio ambiente

Medio Ambiente - 07 Abril 2016

A Univesidade de Santiago e Viaqua participan no proxecto LIFE+ Aquaenvec, desenvolvido en localidaces galegas e catalás, e que vén de ser premiado pola Unión Europea.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.