Artigos de Xesús Veiga

A morte do "Juancarlismo"

Para as persoas que participamos na resistencia antifranquista e que defendimos – a partir de 1976 – a instauración dunha forma de Estado republicana, o que está sucedendo co anterior xefe do Estado causa unha grande sorpresa porque, seguramente, non entraba nas previsións de quen profesaba as conviccións mais intensamente antimonárquicas.

Espionaxe sen control democrático?

O recente coñecemento de diversos episodios relacionados coa espionaxe practicada a diversas persoas do movemento independentista catalán e ao propio presidente do goberno do Estado (e tamén á ministra de Defensa e ao ministro do Interior) colocou no centro da atención pública o vello problema da actuación dos distintos organismos públicos encargados da seguridade do Estado.

Os impactos dunha guerra imprevista

Coa guerra que se ven desenvolvendo en territorio ucraíno dende hai mais de dous meses, sucede algo semellante ao que se rexistrou coa pandemia da COVID: practicamente ninguén foi capaz de prever a existencia dunha traxedia destas dimensións neste momento histórico preciso.

O relevo controlado de Feijóo

A elección de Feijóo como presidente do PP estatal, colocou á organización galega deste partido diante dunha situación inédita: a necesidade de substituír á persoa que relevou a Manuel Fraga a partir de 2006 e que, posteriormente, acadou a presidencia da Xunta.

Dous anos de pandemia

Hai dous anos declarábase oficialmente a existencia dunha pandemia provocada pola COVID19. De non existir o actual conflito bélico orixinado pola intervención militar do goberno de Putin en Ucraína, estariamos aproveitando este aniversario para afondar nos debates sobre unha das maiores catástrofes sanitarias padecidas pola humanidade no último século. A necesidade de sistematizar un balance do sucedido dende o mes de marzo de 2020 resulta indiscutíbel no caso de existir a vontade de incorporar as ensinanzas que se derivan desta traxedia.

A saída de Feijóo

A hipótese -tantas veces manexada- do desprazamento de Feijóo á política estatal xa está confirmada. O dirixente do PPdG vai ser aclamado como presidente estatal do seu partido despois de participar nun espectáculo cainita que permitiu visualizar as peores prácticas imaxinábeis no ámbito da política.

O desencontro nacionalista de Amio

Neste ano que ven de comezar, cumpriranse dous aniversarios significativos. Hai 40 anos -no mes de setembro de 1982- naceu o BNG despois dun proceso de unificación de varias correntes nacionalistas. Nos últimos días de xaneiro de 2012 tivo lugar a XIII Asemblea Nacional do BNG -celebrada no recinto compostelán de Amio- que orixinou o posterior abandono dunha parte -minoritaria pero relevante- da organización frontista.

Crise na Ucraína

A chamada crise de Ucraína está sendo un bo termómetro para medir a temperatura actual do escenario internacional, os cambios rexistrados a respecto do pasado e as incógnitas que se abren para o futuro.
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.