Artigos de Xesús Veiga

As vacinas no centro das polémicas

As vacinas contra o coronavirus convertéronse nunha sorte de chave mestra que serve para alimentar a esperanza do control da enfermidade nun prazo de tempo razoábel e, simultaneamente, abren a porta a un futuro económico menos incerto do que agora domina nos estados maiores de empresas, gobernos e organismos especializados. A lóxica transcendencia que se lle asignou a estes fármacos preventivos permitiu visualizar, con maior amplitude, algúns dos comportamentos que habitan no seo do noso corpo social.

O derradeiro vestixio do poder financeiro galego

O proceso de absorción de Bankia por Caixabank abriu a caixa de Pandora dos procesos de concentración bancaria no ámbito do Estado español. Metidos na lóxica de que o medre na dimensión empresarial é unha condición imprescindíbel para acadar as rendibilidades mínimas na actual conxuntura do negocio bancario, non cabe descartar que -nun horizonte temporal non lonxano- apareza unha eventual proposta de integración de ABANCA nun proxecto empresarial de maior envergadura.

O complicado camiño da harmonización fiscal

A polémica sobre a situación fiscal na Comunidade de Madrid podería inspirar a formulación dunha singular versión do “principio de Arquímedes”: todo problema mergullado na confrontación política convencional experimenta unha pulsión simplificadora e demagóxica proporcional ao volume de complexidade analítica que posúe.

O lugar da economía

No outono do ano 2008, cando comezaba a grave crise do sistema financeiro internacional, o presidente da República francesa, Nicolas Sarkozy, proclamaba a necesidade de refundar o capitalismo “sobre bases éticas, as do esforzo e o traballo”. Hai poucas semanas, ao fío da actual crise sanitaria, outro presidente francés, neste caso Macron, afirmou: “o que revela esta pandemia é que hai bens e servizos que deben estar mais alá das leis do mercado”.

A crise da CEG: anecdota ou categoria?

A enésima crise rexistrada no seo da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) suscita unha lóxica sorpresa e abre diversos interrogantes de cara ao futuro.

Construír un novo rol masculino

A acumulación de asasinatos de mulleres nos últimos anos colocou, de forma reiterada, a contundencia do grave problema da violencia de xénero no centro da atención mediática. As graves consecuencias orixinadas pola crise do coronavirus pode contribuír a secundarizar -ou mesmo agachar- a importancia desa persistente patoloxía social.

De Fraga a Feijóo

A obtención dunha nova maioría absoluta por parte de Núñez Feijóo alimentou unha posíbel análise comparativa coa traxectoria de Manuel Fraga. Algunhas semellanzas resultan obvias: os dous políticos do PP acadaron catro vitorias electorais consecutivas despois de dúas experiencias previas de gobernos de coalición (primeiro PSdG-CG-PNG e despois PSdG-BNG) e comezando -nos anos 1989 e 2009- cun resultado moi apurado de 38 escanos.

As caixas retornan ao escenario

En poucos días, a pantasma das Caixas de Aforro galegas regresou ao escenario mediático e tamén ao político. A concreción dese retorno tivo dous momentos. Primeiro foi o coñecemento dunha contundente alusión crítica á fusión de Caixagalicia e Caixanova, aparecida nunha recente sentenza da Audiencia Nacional. Posteriormente, transcendeu a decisión tomada polos tres grupos parlamentares da Cámara do Hórreo para reabrir a Comisión de investigación que -debido á deliberada negativa do PP- non foi quen de concluír as súas actividades nas dúas lexislaturas anteriores.
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.