Unha das gaitas do Obradoiro JR/ turismocarballo.com

Unha patente galega revoluciona a gaita

Emprendemento - 01 Abril 2015

O invento do Obradoiro JR permite lograr unha ampla variedade de tonalidades cunha mesma gaita con tan só cambiar o punteiro da mesma.

Portada da guía de Crowdfunding publicada pola Comisión Europea

Como sacarlle partido ao financiamento colaborativo a través da Internet?

Emprendemento - 31 Marzo 2015

A Comisión Europea acaba de publicar unha Guía sobre Crowdfunding dirixida a PEMES. Polo de agora está dispoñible unicamente en inglés, aínda que Bruxelas ten previsto que en breve podamos consultala noutras línguas.

José Ramón Gómez Besteiro na sinatura dun convenio con Juán Casares, reitor da USC / deputacionlugo

Lugo aposta por conservar os seus talentos

Emprendemento - 30 Marzo 2015

A Deputación abonará a matrícula dos 6 mellores expedientes de BAC e FP que se inscriban na convocatoria de xullo en cada unha das 15 titulacións de Grao que ofrece o campus de Lugo.

Anxa Correa, no local da Rinoceronte Editora

"É importante poder ler autores de todo o mundo en galego"

Emprendemento - 29 Marzo 2015

Rinoceronte Editora cumpre máis dunha década traducindo libros de todas as partes do Goblo a nosa lingua. Nesta entrevista con Anxa Correa abórdase os gustos dos lectores galegos, o estado das axudas da Xunta a edicción e porqué non despega a venda do libro electrónico; entre outros asuntos.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e a de Facenda, Elena Múñoz, cun representante de Gas Natural na presentación do novo proxecto de Reganosa / Xunta

Xunta e centros tecnolóxicos reforzan lazos para potenciar a innovación

Emprendemento - 28 Marzo 2015

Os seis centros tecnolóxicos que hai en Galicia os executaron 275 proxectos de I+D+i, dos cales 54 foron de carácter internacional.

Ángeles López, directora da Otri, deixou constancia na súa intervención do apoio da Universidade a esta liña de transferencia

Empresas galegas creadas dende a universidade que triunfaron

Emprendemento - 27 Marzo 2015

Unha década e 25 spin-off despois, a Universidade de Vigo, fai balance nunha xornada da actividade empresarial baseada na investigación. Todas menos dúas seguen activas. Promotores de empresas en funcionamento intercambian experiencias con futuros emprendedores.

Os emprendedores das primeiras 6 iniciativas que estrearon a incubadora de empresas da Universidade de Vigo

Como é o futuro do novo emprendedor?

Emprendemento - 27 Marzo 2015

O programa contempla sesións de coaching, técnicas de comunicación, sesións de financiamento e a participación de institucións que apoian ao emprendedor. Participarán máis de 250 estudantes.

Formación sobre mercados internacionais en Vigo

Emprendemento - 26 Marzo 2015

A Escola de Negocios Afundación, no seu campus de Vigo, desenvolverá dous novos seminarios encadrados no Business Program Days, dedicados ás finanzas no contexto global e á fiscalidade internacional, que se celebrarán nas fins de semana do 10 e 11 e do 17 e 18 de abril.

Espazo de coworking na Tecnópole de Ourense

As novas tecnoloxías dominan os niños da Preincubadora da Tecnópole

Emprendemento - 26 Marzo 2015

Aplicadas ao mundo do agro, á vida profesional ou mesmo ao tempo de lecer, as novas tecnoloxías van gañando terreo no día a día. Tanto que xeran nichos de mercado suficientes para que agromen novas iniciativas empresariais, como ocorre con iBeeAgro, MeigaLabs ou Traster, os proxectos gañadores xunto con Consultoría Deportiva da cuarta edición dos Premios Incuvi Emprende no campus de Ourense e que, polo tanto, ocuparán a partir de agora a Preincubadura promovida conxuntamente por Tecnópole e a Universidade de Vigo.

Imaxe virtual do futuro viveiro de empresas do Papagaio

A Coruña estreará viveiro de empresas este ano

Emprendemento - 26 Marzo 2015

O local municipal, situado no Bulevar do Papagaio, terá sete zonas diferenciadas e poderá acoller unha media de 24 empresas. Pronto empezan as obras do viveiro de empresas do Papagaio, que o Municipio promete que entrará en servizo no verán para converterse nun "gran centro de innovación para emprendedores".

O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey, e a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, visitaron as instalacións do edificio Multiusos (Praza das Universidades s/n) onde se situará o futuro viveiro de empresas da vila.

Melide abrirá un viveiro de empresas despois do verán

Emprendemento - 25 Marzo 2015

Disporá de cinco módulos de traballo e unha sala común no edificio Multiusos. A Cámara de Comercio de Santiago ofrecerá asesoramento e acompañamento aos emprendedores

Parte do cadro de persoal do portal de comercio electrónico Mascupon

"O comercio en liña medra malia crise, as tendas físicas vanse reducir"

Emprendemento - 23 Marzo 2015

Alex Sepúlveda é un dos creadores de MasCupon, un dos portais de compras en conxunto e descontos máis importantes do mercado español. O futuro do comercio electrónico no país, como financiar un novo negocio nestes tempos de pouco crédito e as tarifas que sufren os empresarios autónomos emprendedores son algúns dos temas desta conversa.

Cidade da Cultura no Monte Gaias/Projetoblog.com.br

"Como crear e consolidar unha empresa cultural?"

Emprendemento - 23 Marzo 2015

A Cidade da Cultura acollerá do 13 de abril ao 29 de maio o ‘Programa de Creación e Consolidación de Empresas de Industrias Culturais e Creativas’, que prestará asesoramento a un total de 25 proxectos.

A Coruña acollerá o primeiro foro galego sobre economía verde "Greenweekend"

Emprendemento - 20 Marzo 2015

A cidade da Coruña acollerá os próximos días 17 a 19 de abril o foro "Greenweekend", o primeiro encontro de Galicia dirixido a impulsar a cultura emprendedora e sustentable e a potenciar proxectos en favor do medioambiente.

Jorge Cerdeira da adega de Allariz  Novalicorauria

"Os licores da casa poden ser un perigo se non sabes como están feitos"

Emprendemento - 20 Marzo 2015

Novalicor é unha adega de Ourense que está a gañar mercado grazas aos seus produtos innovadores, como licores macerados con herbas estimulantes ou unha xenebra artesán feita ao modo galego. Nesta entrevista con Jorge Cerdeira, un dos creadores e socio da compañía, analízase o "doble filo" da sona dos licores do país, o mercado negro neste sector e as axudas que necesitan os pequenos emprendendores para poder exportar.

Como investigar a competencia ou unha oferta de traballo en liña

Emprendemento - 19 Marzo 2015

O que antes era coto vedado para economistas, investigadores privados e grandes empresas capaces de destinar persoal especializado a pasarse días lidiando coa burocracia dos Rexistros Mercantís ou pelexándose co BORME; agora é unha tarefa sinxela que se pode solventar na Internet nuns poucos clicks.

O reitor da UDC Xosé Luís Armesto Barbeito

Novo centro de apoio e financiamento para ideas de negocio

Emprendemento - 18 Marzo 2015

Haberá premios para os tres mellores proxectos de Galicia. O reitor da USC e a conselleira de Traballo e Benestar inauguran este mércores as instalacións do Centro Yuzz Santiago de Compostela.

Co diploma de 2º Premio na man, á dereita, Nuria Pedrol, Antonio López Nogueira e María Pardo

Unha firma de bioherbicidas gaña un dos premios do concurso Semente de Monforte

Emprendemento - 18 Marzo 2015

81 ideas, das que se seleccionaron 10 finalistas que debían desenvolver o proxecto e tres gañadores do I Concurso de Proxectos Empresarais Semente de Monforte. Weedcontrol, Ecoinvestigación & Asesoramiento, iniciativa impulsada por estudantes de doutoramento e docentes de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, acadou o segundo premio deste certame que busca ideas innovadoras e viables que poidan converterse en xermolos de futuras empresas.

Centro de Procesamente Avícola de COREN  en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) / GC

Consellos para a internacionalización das empresas de Ourense

Emprendemento - 17 Marzo 2015

Un experto en economía internacional anima a empresas da provincia a asociarse para vender fora para incrementar os seus negocios.

Dous dos socios fundadores de Situm Technologies, Adrián Canedo e Cristina Gamallo, durante a súa participación no Summit Singularity University celebrado en Sevilla a pasado fin de semana.

Unha firma galega premiada nun concurso de Silicon Valey

Emprendemento - 17 Marzo 2015

A NASA, Google e Impact son tres das institucións que organizan o concurso Singularity University de Silicon Valley, que acaba de seleccionar a santiaguesa Situm Tenchnologies entre máis de sesenta proxectos presentados dende todo o Estado.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.