Artigos de Fermín Paz

Coidadiño!

No artigo que titulei “Xenerosidade” dicía entre outras cousas que “o proceso político aberto en Cataluña é a novidade máis salientábel en termos políticos, porque vai condicionar o conxunto da acción política nas vindeiras datas e desprazará outros fenómenos que aconteceron na dinámica política” e proseguía indicando que “ninguén debera descoidar a atención na situación política ambiental.”

Xenerosidade

Uns cantos días antes do 25 de Xullo deste ano, a través de Teresa Moure, chegou a min unha proposta para unha celebración conxunta desta efeméride. O escrito estaba dirixido a quen, organizad@s ou non, acreditamos nunha Galiza dona de si. Foi pasando o tempo e a concorrencia (disque sempre imperfecta) foi quen de facer outros chamamentos e logo pasou o que pasou. As dificultades de sempre estiveron presentes no dia da Patria. Vella ou nova política?, pregunteime.

A liberdade de pensar ( 3 de 3)

Desde 1990 nas economías de máis fortaleza mundial atopámonos cun denominador común: os empregos de moi alta remuneración e os de salarios baixos creceron, non así os empregos da chamada “clase media” sobre a que asentaron o desenvolvemento e a fortaleza sistémica capitalista.

A liberdade de pensar (2 de 3)

As organizacións sindicais do século XXI deben dar resposta á seguinte cuestión: a maior competitividade e produtividade económica nunha economía globalizada significa que un núcleo pequeno de traballador@s pode vivir do seu traballo, mentres a grande maioría deles vai perdendo unhas condicións de vida dignas?.

A liberdade de pensar (1 de 3)

Cando o 2014 esmorecía, falaba cun amigo da necesidade de pensar e debater unha perspectiva de futuro sobre a encrucillada nacional e internacional do sindicalismo. Alén dos sentimentos polos meus vivires no colectivo obreiro, manteño unha leve vinculación á CIG no plano material contribuíndo cunha cota como traballador que percibe unha pensión de xubilado (fago esta precisión para non agocharme tras dalgunha bandeira de conveniencia). Rematamos a conversa cunha suxestión por parte miña: facer un encontro aberto no ámbito comarcal de Ferrolterra, sobre estas cuestións.

Acó e acolá

Falarei hoxe dun Poemario que só eu coñezo. O título recolle unha suma de vivencias e sensacións que percorren os camiños infinitos do ser, eses camiños en que o pequeno faise grande de xeito que palabras, xestos, miradas, decorados e escenas individuais ou colectivas axudan a descubrir claves. Trátase de comprender algúns dos misterios que os seres humanos gardamos no acó e acolá das nosas vidas.

A tres regos

A primeira vez que escotei tal cousa era unha sentenza dun amigo, de cando aínda eramos mociños e estabamos a prepararnos para a vida. Referíase o Manolo, así o chamabamos, á distancia mínima que el esixía ao achegarnos á súa posición na pesca de troitas.

Crises sísmicas

Cando na cortiza terrestre se produce un acontecemento desta natureza, vexo que poucos días despois hai outro afastado do primeiro, noutra rexión do globo terráqueo. Pensei, quizais poida ser unha necesidade físico-mecánica de reequilibrio na propia cortiza que, aínda que fracturada, é unha e está asentada sobre un mesmo colchón ou núcleo. Sobre esta base, estou a fundamentar unha análise da crise actual que golpea especialmente aos territorios do Sur da Europa.
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.