Artigos de Xosé Manuel Sarille

Mentalidades

Un íntimo amigo meu pasou os últimos meses en silencio, escarranchado entre a opción da Marea e a de Nós. Cando faltaba pouco para o 20 D, decidiu apoiar a candidatura do Bloque.

O misterioso petróleo do Estado Islámico

Quen siga con paciencia a información dos media sobre a crise de París e Siria, chegará un momento en que perda as pistas do comercio do petróleo. Dos camións que saen cargados de cru, e que finalmente se esvaecen, como se fosen o río Okavango, que desemboca no deserto evaporándose tamén.

Novas notas sobre Cataluña

Igual xa o saben. O cordobés Eduardo Reyes, número seis da lista electoral de Junts pel Si e líder de Súmate, unha organización formada por persoas inmigrantes desde outros territorios do Estado Español que desexan a independencia, declarou nun mitin da campaña, que o obxectivo non era voltar para as terras de onde viñeran, senón ir cara adiante, cara o norte de Europa, “onde merecemos estar”. Unha confesión sincera e sen complexos, porque é certo que se trata de incorporarse á Europa rica, pasando as costuras coa pobre dos Perineos para o sur de Tarragona.

Notas sobre Cataluña

A candidatura Junts pel Si celebrou o ecuador da campaña ás eleccións do 27S cun mitin en L’Hospitalet, unha cidade de poboación maioritariamente inmigrante. Alí falaron os principais persoeiros da agrupación, Raul Romeva, o número catro Artur Mas, o cinco Oriol Junqueras, e o seis Eduardo Reyes, líder de Súmate, un movemento formado por persoas procedentes doutras comunidades autónomas, tan adaptados e satisfeitos co país de adopción que se organizan para conseguir a independencia.

Trolls e figuras

Nas últimas semanas apareceron artigos que consideran interesante a xestión do BNG no goberno bipartito presidido por Pérez Touriño. O argumento máis aquelado di que foi superior á dos anteriores de Manuel Fraga e campión, por suposto, se miramos para o actual. Nunca falta un roto para un descosido, e tiña que chegar a hora de ouvir estas cousas, despois dun prolongado silencio, case vergoñento, sobre aquel lamentábel episodio. Nin mellor nin peor, sinxelamente nada.

Non o entenden non

As análises que fai Julio Anguita sobre a política española son xeralmente interesantes, porque o antigo líder se desprende da cacharrada que a súa organización foi reunindo de xeito máis litúrxico que útil ao longo de decenios. Inclúese nese anticuario a arcaica linguaxe, os sofismas e as verdades inmutábeis que conducen a ningures. E choca con Cayo Lara, que sinxelamente é doutro tempo e actúa como un conservador interno, como un retardatario. Por iso Anguita di del que non entende o que pasa. Estes conservadores, con carácteres paradoxalmente tradicionalistas, acusan cos anos aínda menos mobilidade, sen esquecer que hai xente nova moi vella tamén.

Rotary Club

O presidente da CEOE desexa privatizar a educación e a sanidade, as dúas maiores empresas do país segundo el. Reducir todo ao concepto de empresa, mesmo servizos públicos sen finalidade lucrativa, retrata a súa catadura moral, un elemento antisocial capaz de liquidar todo con tal de alimentar a súa patoloxía, a ganancia de diñeiro sen fin, aínda que nunca vaia poder facer uso del, porque a propia perversión na que vive non lle permite dispoñer de tempo para gozar da riqueza. Estas persoas talvez existan desde que o capitalismo se asentou no planeta, a diferenza é que arestora se converteron no modelo, propagándose como unha praga de cascudas. Deus é o diñeiro e non hai outro destino na vida que acumulalo, obténdoo como sexa. Son persoas destrutivas, están enfermos. Abonda con ver a ese político de Valencia contando billetes dentro dun coche, refocilándose como un cocho coa sonatina dos números a medida que os vai contando.

Bibliotecas en moitas linguas

O debate sobre vínculos e pertenzas entre galego e portugués, que tantas enerxías leva consumido en Galicia, desprázase definitivamente desde o campo estrito da lingüística para outro máis amplo, o da semiótica, ou se prefiren vostedes o da comunicación, aínda que non é igual. Un aire novo permite desbloquear a paleolítica inmobilidade.