Artigos de Xesús Veiga

MAIS BNG

As eleccións do pasado 1 de Marzo tiveron un forte impacto no BNG. A sorpresa dun resultado inesperado foi acompañada da lóxica frustración por ver reducido o labor gobernamental a un corto espazo de tres anos e medio sen ter oportunidade de aproveitar a experiencia para corrixir -nunha nova andaina en San Caetano- as deficiencias rexistradas e poder consolidar os evidentes acertos protagonizados no seo do bipartito...

Asignatura pendente

O acordo acadado entre Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy para promover a Alberto Oliart como presidente da CRTVE suscita diversas reflexións. A primeira ten a ver coa dupla vara de medir que utilizan os dirixentes dos grandes partidos cando se trata de asegurar e/ou neutralizar o control dos medios públicos de comunicación. Os mesmos que predican habitualmente a bondade abstracta do rexuvenecemento das listas electorais e dos cargos orgánicos non dubidan en botar man dunha persoa que xa pasa dos 80 anos para dirixir este ente estatal...

Excepción ou regra?

O medre da xeografía dos presuntos casos de corrupción está cuestionando un dos principais lugares comúns do argumentario defensivo utilizado por moitos responsábeis políticos.Estariamos -segundo a interpretación que escoitamos en tantas ocasións- ante as excepcións que confirman a regra da honestidade xeral que rexe na xestión das institucións públicas.Poren, a diversidade territorial e partidaria dos sumarios xudiciais abertos induce a pensar na verosimilitude dunha hipótese inversa:os comportamentos eticamente irreprochábeis son minoritarios no ámbito da elite política que administra recursos públicos...
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.