Artigos de Xesús Veiga

O silencio sobre Arrimadas

Dende o pasado mes de setembro, a situación política e social en Cataluña enche os principais contidos de case todos os medios de comunicación.Houbo tal saturación que, a partir de certo momento, unha parte da opinión pública do resto do Estado procedeu a unha progresiva desconexión no seguemento do que alí acontecía.

Feijóo en "Salvados"

A recente entrevista de Jordi Evole a Núñez Feijoo suscitou reaccións bastante previsíbeis nos ámbitos político e mediático.Convén, para non enganarse, partir dunha consideración indiscutíbel:a entrevista tivo lugar porque o actual presidente da Xunta quixo pasar por ese test.Sabía que era unha cita incómoda, sen a benevolencia habitual que adoita gozar nos seus encontros xornalísticos, pero necesitaba demostrar -dentro e fóra do PP- que é capaz de sortear con éxito ese tipo de retos.

Fortaleza ou febleza?

Dende hai moito tempo, o debate sobre o financiamento das entidades territoriais que coexisten no Estado español está moi condicionado pola habitual confrontación que preside a dinámica política.

O futuro político de Feijóo

A recente celebración das eleccións ao Parlament de Catalunya permitiu constatar a práctica insignificancia do partido de Mariano Rajoy naquel territorio.A partir desa circunstancia (e sumando o coñecido desgaste provocado pola corrupción xeralizada detectada no PP e o mantemento do malestar social derivado do medre da desigualdade asociada á xestión da crise económica) agromaron síntomas moi explícitos do medo que habita nos despachos da rúa Génova.O último barómetro do CIS non desactiva tal estado de ánimo:a perda de votos é un orballo permanente que reduce a distancia cos seus competidores e obriga a practicar unha ofensiva a cara de can cos seus “viciños” de Cidadans.

O retorno da pantasma das caixas

Cando os mortos están mal enterrados, é lóxico que, antes ou despois, aparezan sinais que evoquen semellante circunstancia. Nas Caixas de Aforro galegas estamos visualizando, nos últimos meses, unha reprodución desa metáfora.

A debilidade de Mariano Rajoy

Transcorreu un mes dende as eleccións ao Parlament de Catalunya e Mariano Rajoy só tomou unha iniciativa política despois de coñecidos os resultados das urnas:reunirse na Moncloa con Albert Rivera.

Algunhas conclusións sobre o 21-D

Había un certo consenso previo a respecto das eleccións ao Parlament de Catalunya celebradas o pasado día 21.Non eran uns comicios “normais”.Porque a convocatoria foi consecuencia dunha decisión adoptada polo presidente do goberno do Estado no marco dunha determinada aplicación do artigo 155 da Constitución aprobada no Senado.E porque as actuacións xudiciais promovidas contra diversos dirixentes políticos independentistas orixinaron que algúns deles ficaran en prisión preventiva e outros fixaran a súa residencia temporal en Bruxelas para neutralizar a devandita acción xudicial.

O desexábel e o posíbel

Durante moitos anos, o aniversario da aprobación da actual Constitución española ficou convertido -nos ámbitos políticos e mediáticos hexemónicos- nunha cerimonia de apoloxía das grandes virtudes que posuía esta norma básica sen que fixesen acto de presenza consideracións relativas ás carencias da mesma ou aos efectos negativos que provocaba o paso do tempo.
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.