Despois do xantar de hoxe, unhas pingas dun Garrafeira Nieport 1952 transmítenme de novo o gozo da terra, da choiva, do sol, da madeira, da cultura e do saber facer d@s artesáns do país veciño. Rematei co agasallo do camarada Francisco Canais Rocha que nos deixou en agosto de 2014. Destacado combatente antifascista, sindicalista e historiador, foi home de grandes conviccións democráticas que dedicou a súa vida á causa dos traballadores.