Escoitaba onte a Feijóo, referíndose ao o indulto no que están argallando @s do PSOE para que Griñan non pase pola cadea, cando dixo: a democracia así non funciona, descoñecendo adrede que dito procedemento é unha institución universal, de atribución histórica ao poder de todos os países, para "perdoar" delitos d@s condenados, por razóns fundamentalmente de equidade ou de oportunidade. Moitos opinadores, opostos á concesión do indulto, din que iso significa emendar a plana aos xuíces.