Artigos de Xesús Veiga

O poder destrutor do estado de Israel

Realizar análises sobre os acontecementos rexistrados dende o 7 de Outubro de 2023 nos territorios de Gaza, de Cisxordania e, mais recentemente, do Líbano, require asumir a incomodidade de formular xuízos explicativos racionais sobre unha inxente acumulación de perdas de vidas humanas e destrución de recursos materiais imprescindíbeis para asegurar a existencia digna de milleiros de persoas.

A obsesión venezolana do PP

Non se pode descoñecer a crecente importancia das dinámicas que se rexistran no escenario internacional na evolución da situación social e política dunha parte relevante dos Estados actualmente constituídos. Cando se vivía nun mundo basicamente bipolar, a lóxica da confrontación entre o bloque encabezado polos USA e o que pilotaba a URSS diminuía substantivamente a marxe de autonomía das políticas desenvolvidas no seo dos distintos países dun ou doutro bloque. Hai 40 ou 50 anos, todo resultaba mais previsíbel e a grande maioría dos gobernos xa tiñan codificadas as respostas que debían dar aos feitos que acontecían na area internacional.

Continuidade ou cambio na actuación do CXPX?

A principal novidade que se rexistra no comezo deste curso político radica na definitiva conformación dun Consello Xeral do Poder Xudicial renovado na súa composición e, singularmente, na elección dunha maxistrada como presidenta do organismo.

O goberno de Rueda non quere asumir responsabiliades

Xa pasaron seis meses dende a obtención dunha nova maioría absoluta por parte do PP nas eleccións galegas. En condicións normais, este período de tempo non resultaría significativo á hora de tirar as primeiras conclusións sobre a situación derivada do resultado das urnas. Pero os precedentes que operan no caso galego (gobernos encabezados por Albor entre 1982 e 1987, por Fraga dende 1990 a 2005 e por Feijoo entre 2009 e 2022) inutilizan calquera hipotética alusión á "herdanza recibida" de cara a xulgar estes meses do executivo presidido por Alfonso Rueda. Os 43 anos de existencia do autogoberno galego poden ser catalogados como unha continuada hexemonía do PPdG só interrompida, brevemente, por dúas experiencias de gobernos de coalición (de 1987 a 1989 con PSdG, CG e PNG e de 2005 a 2009 co bipartito conformado polo PSdG e BNG).

Un novo ciclo político en Cataluña

O resultado das eleccións ao Parlament de Cataluña do pasado 14 de Maio certificou un feito moi relevante: por primeira vez, dende hai mais dunha década, non existe unha maioría de escanos independentistas nesa institución representativa. Xa que logo, o cadro parlamentar derivado das urnas só podía ter dúas saídas: ou existía un acordo entre o PSC, os Comúns e algunha das formacións independentistas mais numerosas (Junts e ERC) ou era necesario acometer a repetición dos comicios no mes de Outubro.

A UPG cumpre 60 anos

Nun intervalo de poucas semanas, cumpríronse catro e seis décadas, respectivamente, de dous acontecementos relevantes na historia do nacionalismo galego contemporáneo: o retorno dos restos de Castelao no mes de Xuño de 1984 e a fundación da Unión do Povo Galego (UPG) en Xullo de 1964.

As relacións entre PP e Vox

O resultado das eleccións xerais celebradas o 23 de Xullo do ano pasado permitiu conformar unha maioría parlamentar heteroxénea, sometida a un nivel de incerteza que alimentou notabelmente a sensación de inestabilidade na gobernabilidade do Estado.

Financiamento autonómico: un labirinto sen saída

O debate sobre o financiamento das CC.AA. ten moitos anos de vida. Loxicamente, tantos como os que abranguen o tempo transcorrido dende a posta en marcha da actual estruturación territorial do Estado español, por mais que se poda constatar unha maior intensidade na controversia pública durante as últimas tres décadas.
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.