Artigos de Manuel H. Iglesias

As licencias dos que mandan

Cando levas moito tempo no poder ate, por desiste, pensas que o poder e a institución na que mandas son túas, e disfrutas facenco pequenas falcatruadas. Total eres o amo e pouco che impota o que latrique e berre a oposición.

Pacto cos ourensás

Cando non queres dicir claramente o que pensas, soltas unha frase e deixas a porta aberta a como veñan os resultados electorais. Esa é a mellor saída. Desa mneira xogando coa ambigüedade sempre tes unha posibilidade de actuar segundo a necesidade partidaria ou a túa comenencia pra conquerir o obxectivo marcado.

Moita enerxía sen rentabilidade

Hai uns días o xornal La Region afirmaba que esta provincia xenera catro veces máis enexía derivada do vento e a auga que a capital do reino. Nesa información tamén aparecía a comparanza do consumo dalgunhas provincias co de Madrid. E os datos publicados son moi clarificadores. Pois segundo esa información somos a segunda provincia que máis enerxía producimos de todo o Estado.

Metamorfose ideolóxica

A evolución ideolóxica dos seres humanos ás veces resulta chocante e tamén contaditoria. Dende o nacemento da Constitución ós nosos días, moitas das persoas que pasaron pola politica sufriron unha mutación ideolóxica que resultou un tanto esperpéntica. Polo que, ollamos con frecuencia casos de cargos políticos que deron bandazos que, a día de hoxe, parecen de loucura.

Política boa e política mala

Cando estamos a sete ou oito meses da convocatoria de eleccións xerais, e cunha moción de censura sin futuro ás portas, parece un momento acaído pra falar do resultado do primeiro gobermo de coalición da época democrática, e tamén do que se entende por política boa e mala.

De revolucionarios a ditadores

Hai novas que chaman moito a atención. E unha delas é a que se refire ós 222 disidentes políticos presos en Nicaragua pois, segundo din os informativos, son liberados e convertidos en apátridas e acollidos por un temo por Estados Unidos. O coloso do norte parece ter interés en negociar co país centroamericano e salvarlle a cara ó tirano Daniel Ortega, igual que aconteceu no franquismo con España traendo as bases americanas e impedindo que os gañadores da segunda guerra mundial derribaran a ditadura do Caudillo.

Pregoeiro e mitineiro?

Houbo un tempo que o pregoeiro dunhas festas sempre era unha persoa con certo chaché cultural e que era convidado pola comisión organizadora, pois a súa presenza dábañlle lustro e animación ó evento festivo. Mais os tempos mudan e todo vai trocando áinda que, moitas veces, non sexa pra mellor.

Os trovadores do século XX

Horacio Guarany (1925-2017) músico arxentino escribiu e cantou: “Si se calla el cantor calla la vida, porque la vida, la vida misma es todo un canto. Si se calla el cantor muere el espanto, la esperanza, la luz y la alegría...”