Artigos de Xesús Veiga

Perdido no labirinto do financiamento territorial?

Xa case é un lugar común.Alberto Núñez Feijoo desexa ampliar a súa proxección pública alén dos limites estritos do posto institucional que ocupa.Por iso elixe aqueles asuntos e momentos que considera mais apropiados para alimentar o imaxinario dun potencial líder da política española.

O denominador común

A crise catalá e os abundantes casos de corrupción acontecidos nos últimos anos constitúen dous dos problemas máis relevantes presentes no sistema político español.Aínda que posúen unha natureza diferente en canto á súa explicación causal pode constatarse algunha semellanza significativa.Certamente, a lóxica aplicada polo PP presenta un denominador común indiscutíbel:facer todo o posíbel para trasladar ao territorio xudicial a eventual resolución de semellantes conflitos.

Nacemento e morte da URSS

Hai uns dias cumpríronse 100 anos do trunfo da Revolución soviética no territorio da Rusia zarista e o comezo da construción do que foi a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).

As hemerotecas arden mal

A pesar de que non o pareza, Núñez Feijoo tivo sorte na secuencia temporal rexistrada nestas primeiras semanas de Outubro.O debate parlamentario sobre o estado da nación galega realizouse tres dias despois dos relevantes acontecementos vividos en Catalunya por mor da convocatoria do 1-O.

Consultar á sociedade catalá

A esta altura, calquera persoa que pretenda analisar con rigor a situación que se vive en Catalunya ten que recoñecer que xa non existe, no seo do seu corpo social, o amplo acordo que se rexistraba dende o posfranquismo sobre as fórmulas de relación coas demais nacións e comunidades que conforman o Estado español.Para comprender os factores causais desta realidade é preciso proxectar a visión analítica ao conxunto da última década.

A historia do financiamento autonómico

Nos mais de trinta anos de vixencia dos Estatutos de Autonomía elaborados e aprobados a partir do texto constitucional de 1978, a cuestión do financiamento das CC.AA. ten sido obxecto dunha atención fulcral nos debates políticos e tamén nas análises realizadas nos ámbitos académicos ou nos medios de comunicación.Durante todo este período histórico houbo diversas respostas ás dúas cuestións básicas que están no cerne da problemática do financiamento territorial:qué volume de recursos debe proporcionar o sistema ás institucións de autogoberno das distintas Comunidades e cal debe ser o nivel de poder fiscal existente en cada un dos entes territoriais.

O capitalismo realmente existente

A política francesa semella levar no seu “adn” unha propensión a certo rupturismo nominalista que evoca alguns dos eventos mais coñecidos da súa historia.

A escolla de Feijóo

A maioría dos relatos biográficos que se constrúen sobre Núñez Feijoo sinalan como virtude aparentemente indiscutíbel a súa capacidade para realizar unha xestión acaída dos recursos (políticos, económicos, mediáticos) que lle proporciona o seu posto institucional de presidente da Xunta.
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.