Artigos de Xesús Veiga

As oportunidades do 25M

Calquera consulta electoral proporciona unha radiografía da opinión social rexistrada nun momento determinado e permite – a través do estudo das variacións existentes a respeito de convocatorias pasadas- avaliar as tendencias que están operando no conxunto humano de referencia.

Feijóo pon a man no lume

Alberto Núñez Feijoo non deixa de sorprendernos.Hai un ano descubrimos publicamente a súa vella amizade con Marcial Dorado a través dunhas fotos publicadas nun xornal de ámbito estatal.Agora constatamos que posúe unha sabedoría xurídica tan notoria que é capaz de colocar a man no lume polos sete concelleiros do PP de Santiago que van ser xulgados o día 19 de Maio por ter cometido un presunto delito de prevaricación.Actuando como presidente da Xunta decidiu enterrar a Montesquieu para proclamar solemnemente a inocencia das persoas encausadas e denunciar a suposta inxustiza que se está cometendo contra elas.

Aquel 25 de abril

Agora que se cumpren 40 anos da revolta acaecida en Portugal, resulta imposíbel evitar as lembranzas daqueles días posteriores ao 25 de Abril de 1974.Para un militante do MCG (Movemento Comunista de Galiza) que asumía as servidumes derivadas do combate clandestino contra o franquismo,a visión directa da manifestación do 1º de Maio no Porto foi o mais parecido ao descubrimento do paraíso imaxinado na longa noite de pedra compartida durante tantos anos.

Memoria da transición

A morte de Adolfo Suárez propiciou un volume considerábel de análises que outorgan ao labor do finado un papel determinante no desenvolvemento do proceso de transición dende o réxime franquista ao vixente sistema constitucional.

O regreso das balanzas fiscais

As balanzas fiscais retornan ao primeiro plano da actualidade política.En realidade nunca abandonaron o amplo escenario das polémicas relativas ao financiamento das CC.AA. por mais que só no ano 2008, durante o goberno de Zapatero, foron publicadas oficialmente polos organismos dependentes da Administración do Estado.E, por suposto, sempre estiveron presentes nos debates e contrastes propios do mundo académico.

A destrución do Publico

O coñecemento da case totalidade do sumario aberto no chamado caso Pokemon está provocando diversos comentarios sobre as actuacións desenvolvidas por distintos representantes políticos e directivos empresariais.Non existe, en troques, a mesma intensidade analítica sobre dúas cuestións relevantes vinculadas a este episodio:o papel das empresas privadas que prestan servizos públicos en réxime de concesión e o comportamento de certos funcionarios da administración local.

A espiral da desconfianza

A eliminación parcial do segredo do sumario da chamada operación Pokemon, confirma a existencia de indicios relevantes de condutas delitivas e coloca no primeiro plano da política galega a coñecida cuestión da pertinencia da dimisión de todos aqueles cargos institucionais que aparecen involucrados nas actuacións investigadas.

Sintonizar coa extrema dereita

Os indicios acumúlanse nas últimas semanas:proxecto de lei para desnaturalizar o dereito ao aborto; elaboración dunha normativa para restrinxir o dereito de manifestación; máxima dureza e inmobilismo no tratamento das novas situacións políticas creadas en Euskadi e Catalunya.