Era o que lle faltaba a este singular mes de Agosto.Unha reforma constitucional tramitada en dúas semanas nun Parlamento que ten os días contados.Para que logo digan que a Constitución é pouco menos que un texto sagrado de imposíbel modificación.Lembran vostedes aqueles razoamentos que descartaban as peticións de reforma da Carta Magna en base á necesidade de conseguir un nivel de consenso semellante ao que existiu en 1978?Agora por obra e graza dos catro xinetes do apocalipse financeiro (Merkel, Sarkozy, o BCE e os inefábeis mercados) non hai ningún problema para que PSOE e PP cociñen a fume de carozo unha modificación parcial a tres meses da consulta electoral.