Artigos de Xesús Veiga

25 de xullo: Era inevitábel a división?

O 25 de Xullo do ano 2015 foi unha data especial. Tivo lugar unha celebración do Día da Patria diferente do que tiña acontecido nas últimas décadas. Unha comisión plural conformada por persoas relevantes da cultura e da sociedade galegas realizou unha convocatoria unitaria que -agás o PSdG-foi secundada pola totalidade das forzas nacionalistas e de esquerdas. Semellante feito extraordinario foi posíbel pola conxuntura específica que se vivía naqueles meses -comezo dun novo ciclo electoral coa aparición de novos actores no escenario- e, tamén, pola decisión xenerosa adoptada polo BNG renunciando á tradicional demostración da súa hexemonía mobilizadora nesa data.

Aquel 15 de xuño de 1977

A lembranza das eleccións do 15 de Xuño de 1977 organizada polo actual Congreso dos Deputados exemplifica as luces e as sombras da chamada transición á democracia.

A desfeita do Banco Pastor

Cando Alberto Núñez chegou á presidencia da Xunta, o sistema financeiro galego pivotaba sobre tres entidades principais: Caixagalicia, Caixanova e o Banco Pastor. As dúas primeiras tiñan unha natureza fundacional -xa que logo, non substancialmente lucrativa- e o terceiro era unha sociedade anónima clásica orientada á consecución do máximo beneficio.As Caixas operaban cun marco normativo específico no que as institucións políticas galegas tiñan unha notábel capacidade decisoria.No caso do Pastor, os condicionantes legais eran semellantes aos que presidían as actividades do conxunto de empresas financeiras existentes no Estado.

O Ecuador da Lexislatura

Pasaron dous anos dende aquela primavera electoral de 2015 que provocou alteracións notábeis no mapa político municipal galego. Lembremos dúas das mais relevantes:a derrota do PP nas áreas mais poboadas da Galiza urbana e os bós resultados acadados polas Mareas. O partido de Feijoo perdeu tres alcaldías nas cidades e o goberno das Deputacións de Pontevedra e Coruña. Só acadou o goberno do concello de Ourense e para iso cun déficit de gobernabilidade que lle impedíu, até o momento, aprobar uns novos orzamentos. As candidaturas de “Compostela Aberta”, “Marea Atlántica” e “Ferrol en Común” foron quen de conseguir o goberno das tres cidades mais importantes da provincia coruñesa.

Mariano Rajoy pasa do Parlamento

O anuncio da presentación dunha moción de censura por parte de “Unidos-Podemos”, “En Comú Podem” e “En Marea” orixionou, como é sabido, un volume notábel de reaccións críticas encabezadas polas direccións do PP e do PSOE e acompañadas por moitas das persoas que, habitualmente, realizan análises políticas nos medios de comunicación.

Unha moción de censura xustificada

O anuncio da presentación dunha moción de censura por parte de “Unidos-Podemos”, “En Comú Podem” e “En Marea” ten provocado unha morea de reaccións nas restantes formacións políticas e nas persoas que emiten opinións nos medios de comunicación.

ETA e os relatos

No ano 2011 ETA anunciou o remate unilateral da súa acción violenta.A pesar de que tal decisión non foi acompañada dunha iniciativa específica sobre o seu desarmamento nin concretaba un prazo determinado para a disolución da propia organización, resultaba indiscutíbel que ETA renunciaba á negociación política que sempre esixira como condición indispensábel para non seguir coa súa actividade.Dende esta perspectiva, a organización terrorista recoñecía implicitamente a súa derrota.

Luces e sombras do Parlamento galego

O último pleno celebrado polo Parlamento galego permitiu comprobar unha circunstancia inédita:o grupo maioritario abandonou o hemiciclo cando facía uso da palabra unha deputada de En Marea.
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.