Artigos de Xesús Veiga

A campaña mediatica

Afirmar que a vitoria nunha confrontación electoral é debida, primordialmente, ao comportamento dos medios de comunicación é unha simplificación que debe ser abandonada nas análises posteriores ao peche das urnas.Pero descoñecer a importancia dese factor na conformación da opinión do electorado é un despropósito que descualifica a quen o practica.

A resaca do "affaire" Soria

Aos que pensabamos que a política realmente existente xa non era quen de proporcionar sorpresas relevantes, o “affaire” Soria demostrou que aínda é posíbel vivir novidades chamativas.Certamente, non me atopaba entre os que acreditan nunha súpeta conversión “paulina “ de Rajoy por mor do seu recente acordo con Albert Rivera.

A escolla do 25 de setembro

A pesar das datas nas que andamos, a campaña electoral xa ten acadado unha notábel velocidade.E a liña argumental prioritaria de Núñez Feijoo está resultando ben visíbel:atacar as eivas que presentan as forzas da oposición e ofrecer un rutineiro continuísmo gobernamental para os vindeiros anos.

Quen vai gañando a batalla mediática?

O responsábel de organización do PSOE, César Luena, botou man dunha coñecida metáfora histórica para culpabilizar a Rajoy do estancamento da situación política e afirmou que o presidente en funcións pretendía dispor das mesmas facilidades que posuía Felipe II cando xogaba ao billar.O erro cometido por Luena –confundir a Felipe II con Fernando VII- é revelador do caos dominante na equipa dirixente que preside Pedro Sánchez.

A resaca do 26X

Analizadas as eleccións do pasado 26 de Xuño na súa dimensión galega, hai unha constatación pouco discutíbel:os dirixentes do PPdG e do PSdG teñen motivos para amosar satisfacción polos resultados acadados e as demais forzas concorrentes non están para botar foguetes.

As incógnitas do 26-X

As eleccións xerais do vindeiro día 26 conteñen o maior número de incógnitas rexistradas neste tipo de acontecementos na recente historia política estatal.Ademais da importante novidade que representou o mapa parlamentario xurdido na cita do pasado 20 de Decembro, a repetición dos comicios é todo un desafío ás lóxicas dominantes na formulación das predicións electorais.

A historia completa de Gómez Aguerre

O pasado dia 22, a Voz de Galicia anunciaba a morte de Pedro Gómez Aguerre, gobernador civil da Coruña entre 1978 e 1982, e deixaba constancia dalgunhas circunstancias biográficas que o devandito xornal consideraba especialmente relevantes.Dende o feito de ser “un colaborador leal do presidente Adolfo Suárez” que “tivo que facer fronte a dous intentos de golpe de Estado” e “nos que se mantivo ao carón da Constitución e da democracia” ate “o seu labor na organización do referendo no que se aprobou o Estatuto de Autonomía de Galicia e a primeira viaxe dun papa á comunidade galega realizada no ano 1982”.Sinalaba, ademais, que “tivo especial protagonismo no proceso autonómico de Galicia e foi un dos impulsores das primeiras transferencias do goberno central ao Executivo autonómico”.

Camiñando cara o 26-X

A repetición das eleccións xerais constituía unha alternativa con elevadas probabilidades de ocorrencia debido ás restricións tácitas ou expresas fixadas polos principais actores do escenario político conformado o pasado 20 de Decembro.O PP postulaba unha opción –a chamada gran coalición- que non resultaba viábel pola negativa do PSOE e pola peaxe establecida por Cidadáns (a retirada de Rajoy).Os dirixentes socialistas rexeitaban calquera acordo de gobernabilidade que levase aparellado a abstención de ERC e DiLL e teimaban nunha imposíbel alianza con Podemos, as confluencias e o partido de Albert Rivera.Ao cabo, as dúas fórmulas alternativas que proporcionaban unha indiscutíbel maioría parlamentaria non resultaron factíbeis porque o Partido Socialista evitou participar en calquera delas.
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.