Comentábame fai uns días un xornalista galego afincado na “Villa y Corte” madrileña, a súa fonda preocupación pola deriva que algúns “media” viñan deixando caer nas súas liñas editoriais, con respecto ás medidas necesarias para saír da crise económica sen precedentes que padecemos, e a vea alarmante coa que algúns empezan a opinar sobre medidas de calado “xacobino”, necesarias para rematar co chamado Estado das Autonomías, ao que teñen como un averno en vida, ameazante da unidade da gran “nación española”.