Os profesores Marta García e Xosé Manuel Pacho, da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, valoran a importancia de poder coñecer de primeira man a argumentación do veredicto.
  comenta   1
Dende outubro vivimos unha mutación constitucional á marxe de todo procedemento legal, en clave de estado de excepción non declarado. Porque o Goberno do Estado e o Senado, seguindo a Carl Schmitt, acordaron medidas de excepción á marxe da legalidade, na pura lóxica do “a por ellos” e do “hay que hacer todo lo que haya que hacer”.
  comenta   0
A eurodeputada nacionalista participou nunha visita da Plataforma de Diálogo Europa-Catalunya a Berlín para visitar ao ex presidente da Generalitat.
  comenta   19
Álvaro Xosé López Mira critica o "intervencionismo estatal extremo" do modelo autonómico, o cal, di, "buscou ser antifederal, antídoto máis que fármaco". Ao fío dos acontecementos en Cataluña, cre que é o momento de iniciar a senda dun "federalismo sincero".
  comenta   9
Piden que remate o antes posíbel a xudicialización da vida política pois esta situación, suliñan, “está a interferir na creación en lingua catalá e condicionando a liberdade de expresión”.
  comenta   0
No Estado de Dereito só poden ser castigadas penalmente condutas previamente consideradas delicto e estas condutas non poden ser obxecto de interpretación extensiva. Neste senso, existiu o delicto de declarar a independencia de parte do territorio do Estado por medios non violentos, mais desapareceu en 1995 coa aprobación do Código Belloch. Tamèn existiu uns anos o delicto de convocatoria dun referéndum ilegal, imposto pola maioría absoluta do PP na época do aznarato, mais desapareceu na primeira lexislatura de Zapatero. Nin unha nin outra conduta son delictivas,
  comenta   0
Definitivamente, a situación conflitiva que se vive en Cataluña adquiriu unha importante dimensión internacional.As decisións tomadas polo xuíz Llarena obrigan a pronunciarse, a diversas instancias xudiciais de Alemaña, Reino Unido, Bélxica e Suíza.Terán que decidir sobre a pertinencia das extradiccións solicitadas e concretar, no seu caso, os delitos para os que se autoriza o axuizamento en territorio español.
  comenta   0
A xustiza española incapaz de prever a decisión de non extraditar a Puigdemont por rebelión debido a que o monolitismo anula o pensamento
  comenta   0
Este ano o Mínor en Estudos Galegos da Universidade Autónoma de Barcelona convidou a Suso de Toro, que manterá unha conversa co escritor vasco Iban Zaldua.
  comenta   0
Que límite debemos establecer entre o dereito de manifestación e os delitos de sedición e/ou rebelión?. Aínda que a algúns non lles pareza transcendente, e a outros lles pareza a mesma cuestión dependendo de que xustifique ou non unha manifestación, na realidade é unha cuestión de enorme transcendencia, porque traspasar ou non ese límite comporta o que se cre unha determinada xurisprudencia e /ou precedente que poida significar que o día de mañá, e en base a determinados intereses do estado, unha manifestación que poida estar reclamando diversos intereses civís e dereitos dos cidadáns sexa considerada rebelión ou sedición a interese do propio estado, con dependencia de quen a convocou, ou quen a promova e/ou encabece. Polo tanto falamos sempre da responsabilidade de defender os dereitos xa adquiridos pola poboación civil nun estado democrático.
  comenta   0