Artigos de Rafael Cuiña

Demasiados falsos profetas

Visitaba estes días Compostela e as terras do Deza, o físico Sir Anthony James Leggett, –premio Nobel–, e afirmaba coa sabedoría que caracteriza aos estudosos do transcendente, que en algunhas partes do Universo o tempo pode ir cara atrás. Compartirán algúns de vostedes a superficial reflexión, de que ao mellor este físico estaba a describir o que está a acontecer na nosa sociedade, dado que imos cunha velocidade de vertixe a unha involución case medieval.

Qvo vadis Chacón?

Esta semana, unha vez máis, a situación de descomposición do Partido Socialista quedou claramente reflectida no desamor político declarado de facto, entre o PSC e o seu tradicional socio estatal, o PSOE.

Debate sobre a desesperación

Escoitando aos principais portavoces parlamentarios, no chamado “Debate sobre o estado da nación” no Congreso dos Deputados estes días, a un dálle a impresión que algunha das súas señorías viven nunha realidade paralela á do pobo ao que teoricamente representan. Todo isto cun evidente agravante en forma de dor social insostible por parte da cidadanía, que eles semella non sentir.

Por acción ou omisión

Vivimos nun período de forte axitación político-mediática, no que o saber ler entreliñas é un exercicio so para iniciados, mentres o pobo, alleo a tanta miseria moral, observa estupefacto o que acontece.

Unha volta ao galeguismo pouco crible

Dicía Castelao, pai da patria galega, que aos señoritos non lle gusta que chova, mais si as patacas. Traducido a termos electorais para o actual Partido Popular de Galicia, todo o que soe a galeguismo non vai no actual ADN, mais non poden renunciar ao tradicional voto de moita xente de alma galeguista que sigue votando á formación conservadora.

Unha cuestión de principios

Moitos son os que pensan que a xudicialización da actividade política é negativa para a imaxe dunha caste cada vez peor valorada nas enquisas, e con clara tendencia a non querer cumprir determinados códigos éticos que a sociedade esixe.

Investidura

Nun escenario presuntamente tan magno como o Pazo do Horreo, puidemos observar o pasado xoves unha especie de remake á galaica de “A guerra dos mundos” de H.G. Wells, na que daba a sensación de que neste caso os alieníxenas tiñan algo de razón para atacar un planeta parlamentario un tanto durmido nos últimos tempos.

Só cando lles interesa...

A demoledora resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que o pasado xoves coñecemos, contra aspectos esenciais do chamado “decreto do galego”, é unha derrota en toda regra de aqueles que empezaron unha guerra fría particular contra a lingua propia desta terra.