Artigos de Manuel H. Iglesias

O cabalo de Atila

Anos atrás pregunteille a un compañeiro, que era concelleiro nunha vila desta provincia, como era o alcalde dese lugar. E con certa retranca contestoume: que queres que che diga, non fai nada, mais tampouco derrama.

Nadal da saudade

Ai Nadal da miña infancia e tamén da mocidade, cantas lembranzas me traes, cantos cantos e saudades. Cantas xuntanzas pasaron onde os bos desexos saen nas noites frías de inverno nesta casa e noutros lares. Neste solsticio do ano as esperanzas renacen e os desexos máis fermosos brincan ledos polo aire. Ai Nadal cantos recordos, cantas festas familiares, cantos so seres queridos, canta ledicia e pesares. Nesta terra tan fermosa todos queremos cantarche e pedimos paz no mundo, moito amor e liberdade.

Unha area no zapato

Hai pactos políticos que resultan ser moi perigosos. Os refráns teñen na súa existencia moita sabedoría. Por iso lembro un par deles: Dime con quen andas e direiche quen eres. Ou aquel outro: o que con rapaces se acosta... E hai máis semellantes que veñen a dicirnos que hai acordos que é mellor non facelos pois poden pasar factura electoral.

Serrat e os cantautores

Alá polo 1968 escoitei a primeira cantiga de Joán Manuel Serrat. Lembro que merquei nun estanco de Ponte Canedo unha revista que se chamaba Fans e nela viña unha cantiga co texto en catalán cos acordes de guitarra. Tamén traía unha foto do artista. A cantiga chamábase: Canço da matinada.

SOS OURENSE!!!

O Concello de Ourense dende hai dous anos camiña nunha deriva na que todo o andando en épocas anteriores está a ser ou abandonado ou desfeito.

Ventos teocráticos

A vida política nas diferentes partes do mundo xira a golpes de timón e, moitas veces, trae novas inesperadas. De súpeto dende o século vinteún pásase a ollar a idade media. E todo parece camiñar cara atrás.

Lembrades a democracia orgánica?

Refrescar de cando en vez a memoría é un bo exercicio. E afirmo esto pois, moita xente que non quere ver a realidade, ben por simpatía ou cerrazón ideolóxica, xustifica o comportamento das ditaduras e non se atreve a denunciar o que ve e sigue coa matraca de que todo é unha manipulación da prensa.

Actuar en manada

Con moita frecuencia temos novas de agresións de xente moza que, actuando en grupo, mallan ata morte a outras que, por diversos motivos incluíndo o odio ó diferente, viven nesta sociedade. O problema parece que se acentúa, e diante desta realidade xurden varias preguntas pra porlle remedio a este problema.