Na Galicia rural, sabemos de sobra o que acontece cando cohabitan dous galos no mesmo galiñeiro. Nin lles quero contar se os Gallus gallus, son cuantitativamente máis, e cualitativamente máis poderosos.
Escoitaba con atención o pasado mércores ao Presidente da Xunta de Galicia, nun debate na Cadena SER, sobre a teima que teñen determinados sectores na capital do Estado, referente á revisión do Estado autonómico.
Resulta que nos universos da política curtoplacista, os buracos negros tragan materia en forma de dignidade, provocando a desaparición dunha realidade ideal, e substituíndoa pola miseria do interese bastardo.
Levábamos tempo reclamando que o aspirante ao palacio da Moncloa, “saíse do armario” das propostas de goberno no que semellaba estar metido, e así o fixo en termos xerais, aínda que de xeito un tanto ambiguo.
Se camiñas como un equilibrista por un fino cabo, e o teu arriscado número é sen rede de protección, o máis lóxico é que a lei de Murphy se cumpra unha vez máis, e o funambulista quede finalmente danado.
As promesas electorais, na meirande parte dos casos, son só declaracións de intencións, ás veces irresponsables, que os políticos ofrecen aos cidadáns poñendo en dúbida o seu nivel de intelixencia.
Cursou estudos de dereito, e na actualidade é empresario en Lalín.
Membro de varios foros de pensamento galeguista, como Prolingua, foro
Peinador e IGEA, do que é directivo. Articulista en diferentes medios do país.